Mucha policía
Por fin unha boa noticia referente á seguridade en Carballo. Un amplísimo despliegue policial serviu para deter e levar perante a xustiza a 8 persoas, habitantes todos eles do Monte do Carme, a quenes se acusa de estar detrás da oleada de alunizaxes e roubos en máis de 50 establecementos da zona. Non imos dar máis detalles, unha porque non estábamos alí, e outra porque xa todos os medios galegos ofrecen amplas reportaxes. Simplemente deixar o noso desexo de que estas intervencións non sexa esporádicas, e que non se produzan só cando as cousas xa sobrepasan certos límites. Porque aínda que a moita xente lle resulte incómodo ver o nome de Carballo en primeira páxina con novas deste tipo, é moito mellor ter a casa limpa aínda que haxa que remexer, que esconder o lixo debaixo da alfombra coma se non pasase nada. Máis que nada, porque sí que pasa. En Carballo queremos mucha policía, coma canta Sabina.
Etiquetas: seguridad
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home