Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

sábado, noviembre 19, 2011

Tardísimo, fatal, arrastro e ademais facendo o ridículo




Hai dúas semanas publicabamos este artigo que se cadra podía parecer un pouco duro. Diso nada. Quedámonos mooooooi cortos. Resulta que o Concello ven de remitir de novo o Plan, supostamente correxido, á Xunta (depois de todos os anos e os retrasos dos que xa falamos), e non só segue a incumprir todo o que se lle dixo, senón que directamente falta documentación. Bastante docmentación, como así recoñece o propio alcalde.

E chegados a este punto alguén debería de pegar un puñetazo enriba da mesa dunha vez (¿Mayday, oposición?). Porque unha cousa é que o urbanismo sexa asunto “de estado” e todos aplaudamos o consenso, e outra ben distinta é que ese consenso sirva para tomarnos a todos por idiotas. E iso é exactamente o que está pasando.

Se en todos estes anos non se ten preparado un documento en mínimas condicións, ¿para qué se lle está a pagar a un equipo de técnicos? ¿Teñen orde de facer un Plan ou de non facelo? ¿Por qué se manda un documento sen rematar á Xunta? ¿Para ver se cola xusto antes das eleccións? Se foi así, obviamente a xogada saiu mal e o boomerang veu de volta na xornada de reflexión. ¿Quere o alcalde Evencio sacar adiante un Plan ou non quere? ¿Ou dalle igual? ¿Hai algún responsable por ahí, ou son todos i-rresponsables? A última de Ferrero é saír dicindo no BOE que a Xunta lle dixo que mandase o documento incompleto. ¿A qué punto de ridiculez imos chegar para xustificar o inxustificable? Xa está ben.

Etiquetas:

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

E por riba hoxe sae na Voz, que non é sospeitosa de tirar pedras contra Evencio, que o Plan volveuse a mandar cos mesmos defectos que a primeira vez. De quen será a culpa desta vez, Sr. Ferrero? ¿De Rajoy? ¿De Rubalcaba?
O que está claro é que Evencio nunca ten a culpa, nunca é responsable: é sempre un IRRESPONSABLE.
Pero o pelo tómallo a todos os carballeses, que non van poder pedir licencias por culpa do seu goberno municipal.

23/11/11 12:45

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner