Novos foros en Carballo
Casualmente coincidindo co noso sexto aniversario, veñen de darse a coñecer outras iniciativas para o debate local na capital de Bergantiños. Vaiamos por partes.
Quede claro que cando falamos de “Foro Carballo” non se trata da expansión do partido de Álvarez Cascos ás nosas comarcas, senón dunha web co típico formato de foro, no que os usuarios rexistrados poden opinar, deixar enlaces, fotografías, etc, sobre toda unha variedade de asuntos da actualidade de Carballo. Política, gastronomía, deportes, ocio, emprego, aloxamento… todas estas cuestións teñen o seu apartado específico e contan xa cun bo número de mensaxes.
E por outra banda “Proxectando” defínese coma “un grupo dinámico de mozos e mozas que procura darlle voz á mocidade carballesa para que decida por si mesma. Proxectando organiza actividades de ocio e formación orientadas á mocidade.” Polo momento contan cunha web realmente ben montada, e teñen organizado xa un ciclo de cine e documentais de factura galega con debate incluído.
Noraboa ós dous, e que haxa moito debate.
Etiquetas: actualidade local, internet
1 Comments:
No sé que necesidad se tiene de mentir en cuanto a la repercusión de las actividades que se desarrollan en carballo, en las fotos de proxectando se vé que no hay 50 personas,¿es fundamental esa cantidad?...Lo mismo ocurre en los deportes, se habla a veces de 1000 personas en los pabellones cuando no hay ni siquiera esos asientos.
18/12/11 17:51
Publicar un comentario
<< Home