Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

domingo, enero 15, 2012

Xogando ás adiviñas


Non queremos botarnos flores, pero debe de ser a enésima vez que anticipamos no noso blog algo que acontece pouco despois. Ben é certo que ás veces non é tan sinxelo, e que tamén temos errado algún prognóstico, pero o certo que xustamente se veñen a confirmar as nosas previsións dos nosos últimos artigos.

http://carballodixital.blogspot.com/2012/01/xenerosos-si-pero-vaquina-polo-que-vale.html

http://carballodixital.blogspot.com/2012/01/recuerda.html

Por unha banda o alcalde Evencio amosa por fin a patiña do verdadeiro interese en ofrecerlle as instalacións do Fórum á Xunta, aínda que sexa disimuladamente; e efectivamente, trátase do mesmo que nós adiantamos a semana pasada: “El Ayuntamiento ofrece las instalaciones de forma gratuíta, con la única condición de que las consellerías afectadas – Traballo e Benestar por un lado y Medio Rural por el otro- financien los gastos de mantenimiento”, conta o BOE. E remata cun novo regate con vistas á galería: “El ahorro, en opinión del alcalde, podría ayudar a sostener el Centro Comarcal de Bergantiños, por ejemplo, ya que los alquileres que pagan ambos departamentos autonómicos en Carballo suponen una partida anual bastante elevada”. A outra cara da moeda sería cantos servizos municipais poderían sosterse e cantas obras podería facerse durante anos cos cartos gastados no Fórum. E tamén cabería preguntarse porqué o alcalde acometeu tal obra farónica sen pensar nos custes de mantemento que teriamos que soportar.

E por outro lado intensifícase a ofensiva dos Evencio boys & girls. Logo de que o PP copase o poder en todas as administracións superiores á municipal, o BNG ten as mans libres para adoptar unha política reivindicativa sen as ataduras dos pactos de outrora, e está decidido a facela: “El Ayuntamiento carballés reclama a Educación mejoras en los colegios” ou “Regueira pide la Policía Nacional”, son algún dos títulares das últimas datas que sinalan ás claras por onde vai ir a liña do gobernó local.

Por iso, para seguir coa racha, atrevémonos a facer outro augurio: este ano veremos cómo algún servizos públicos municipais de relevancia van desaparecer ou quedar seriamente capitidisminuidos, e cómo a busca de culpables (que estarían todos fóra de Carballo, por suposto) vai ser o centro dunha guerra política sen cuartel.


Etiquetas: ,

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner