Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, enero 05, 2012

Xenerosos sí, pero a vaquiña polo que vale


Xa aventurabamos que as contas ían ser protagonistas neste ano 2012, e bastáronnos dous días para comprobalo. Se rematabamos o ano 2011 falando do conto de Nadal que o BOE nos montou sobre o ofrecemento de Evencio Ferrero a solucionar o problema do feche do Centro Comarcal de Buño, toca agora volver a realidade.

Decímolo porque unha das alternativas que se puxo enriba da mesa foi a de pasar da xestión do edificio ó concello de Malpica ou a todos os concellos de Bergantiños. E aquí ven o quid da cuestión. Porque, con bastante senso común, o rexidor malpicán razoaba que, tratándose dun centro comarcal, sería lóxica unha xestión mancomunada de todos os concellos bergantiñáns. Falando en plata: que todos carguen cunha parte do seu elevado custo de mantemento, idea que foi ben recibida pola maioría de alcaldes, pero non así polo de Carballo. Acabáramos. Porque unha cousa é regatear en curto para apuntarse un tanto ante persoas fácilmente impresionables (como así logrou no caso da colección de cerámica), e outra ben distinta gastar un peso, sobre todo cando se ten. E así Evencio ben de lembrar, tamén con bastante razón por certo, que o Concello de Carballo ofrece e soporta servizos (moi deficitarios, por certo) dos que se benefician veciños doutros concellos sen que por iso as súas administracións colaboren, véxase o caso do Centro de Día, o Conservatorio ou a Escola de Idiomas. É dicir, que aquí seremos xenerosos cando saia gratis, pero se hai que pagar, cada un mirará polo seu cu.

Sen embargo, este razonamento do nacionalista, que nos parece de todo impecable, choca frontalmente con outra das súas recentes propostas. Porque este Evencio que agora mira polos euros e se queixa de que está a pagar servizos dos que se benefician cidadáns doutros concellos, é o mesmo que hai ben poco ofrecía á Xunta de Galicia, gratis, by the face, ocupar boa parte do espacio da Casa dos Oficios, unha macroobra municipal valorada en máis de 7 millóns de euros; e que, no caso de ser efectivamente empregada pola administración autonómica, ofrecería en boa lóxica os seus servizos a veciños de toda a Costa da Morte. ¿Toleou Evencio? Máis ben pensamos que o nacionalista leva a penitencia no pecado, que a boas horas mangas verdes, estase a decatar do disparate maiúsculo dun Fórum-Gaiás concebido en época de vacas gordas, sobredimensionado mesmo para ese momento, cun coste de construcción brutal que xa non se pode evitar, e agora condeado a estar baleiro por moito tempo, e coa pesada lousa dun coste de mantemento elevadísimo. E aí é onde pretende actuar o alcalde, enchendo o edificio a calquera prezo para salvar o ridículo… e intentando que a Xunta se faga cargo das facturas a pagar por ter aberta esta Cidade da Cultura da Costa da Morte.

Así están as contas. E o ano non fixo máis que comezar.

Etiquetas:

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Pues a mí aún me parece más contradictorio construir una biblioteca COMARCAL en Carballo, y es decisión única de Evencio. ¿Eso tampoco costará dinero y no será para la comarca? Sabe ya con qué va a llenarla y si va a cerrar la que ya existe? Cuando se acaben los cuartos nos chapará el Conservatorio, la EOI y lo que haga falta, y, claro, la culpa no será suya, será de....

6/1/12 00:00

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner