Que veñen os coreanos
Sucédense estes días noticias diversas sobre o futuro de Calvo. Parece ser que un grupo coreano chamado Dongwon Group está interesado na compra do 50% da primeira empresa de Carballo. Polo de agora as informacións son un pouco confusas e parecen obedecer máis a rumores que a feitos confirmados, pero en calquera caso, e frente ó temor de deslocalización que rapidamente se ten instalado, a familia Calvo ven de deixar claro que só está á venda o 22,1% das accións que actualmente están nas mans de varias caixas (anque tamén hai rumores de que algún/s membro/s da familia podería/n vender a súa parte). Como queira que este asunto a bo seguro vai dar máis que falar cando haxa algo en firme, nós polo de agora quedámonos co apunte e con este magnífico anuncio que hai pouco sacou a conserveira.
Etiquetas: economía
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home