Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, marzo 08, 2012

Máis BNG



Iso é o que quere Evencio Ferrero. Lemos en A Nosa Costa, que o alcalde carballés ven de asinar un manifesto no que varios membros do Bloque abogan pola unidade de continuidade do proxecto común do nacionalismo galego. E ó seu carón atopamos varios nomes máis da nosa vila, coma os dos políticos Miragres Lantes e Farruco Fraga, o escritor Xurxo Borrazás, ou o normalizador lingüístico do Concello de Carballo, Nel Vidal.

Nomes todos eles que teñen algo en común: a UPG. Porque este manifestó está xustamente promovido por membros da forza más importante do Bloque, nun intento de evitar as desercións e división que se están a producir, protagonizadas por membros das outras correntes da fronte nacionalista, dende Máis Galiza ós Irmandiños, pasando polos independentes. Vamos, falando en plata, trátase de que os que mandan lle piden ós que non mandan, que se sometan, que traballen para eles, e que non protesten, que estando todos xuntos, alomenos algúns terán a posibilidade de tocar poder. Difícil misión, aínda que estando polo medio as dotes diplomáticas e verbais de don Evencio, calquera cousa é posible.

Sorprendentemente este manifesto apenas acadou repercusión nos medios xerais, así que aquí deixamos a nosa reseña, porque que é máis importante do que poida parecer.


Etiquetas: ,

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner