Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, mayo 10, 2012

Sherlock Holmes non está en Carballo


Moi de moda está ultimamente a personaxe de Sherlock Holmes. Por algunha extraña razón os vellos mitos sempre volven, e de igual maneira que hai un par de anos as películas, sagas e series de televisión de vampiros dominaban o mundo do entretemento, ahora é o mítico detective que creara Conan Doyle o que protagoniza un exitoso show televisivo, varios filmes e multitude de libros.

Lembrámonos do amigo Sherlock a propósito do brutal contraste entre a incrible velocidade das súas deduccións e investigacións, e a pasmosa lentitude coa que “avanza” (é unha forma de falar) a comisión de investigación sobre a contratación supostamente irregular dunha candidata do BNG por parte do executivo que preside Evencio Ferrero. Unha comisión que se constituía o día 20 de decembro do ano pasado, despois de que o PP denunciase a situación no mes de abril, e despois de moito debate e unha votación que foi apoiada polo socialista Viña, quen de feito a preside. Pois ben, resulta que a primera reunión non aconteceu ata o ¡24 de abril!, catro meses máis tarde. E resulta que desa reunión non saiu nada en claro porque faltaban, entre outras cousas, os testimonios dos técnicos e de varios participantes no proceso de selección. E resulta tamén que naquel momento o propio Viña fixara como data límite para a seguinte renión, que debería ser definitiva para obter conclusións, o día 10 de maio. E resulta agora, que o encontro ven de ser suspendido ata o día 15. E moito nos tememos que tampoco para ese día poidamos sacar gran cousa en limpo.

En definitiva, un retraso de seis meses para facer unha simple reunión onde se expoñan os documentos precisos, previos para poder facer valoración algunha. Algo que non pode ser interpretado doutra forma que coma un flagrante desinterese en esclarecer nada, ou ben un deliberado interese en agochar todo; algo ó que inexplicabalmente, ou moi explicablemente, se está prestando-colaborando un Viña que segue a xogar a dúas bandas, a apoiar e non apoiar, a ser oposición pero solo la puntita, ninguén sabe moi ben con que estratexia de cara ó ¿futuro? Máis que de Sherlock Holmes, esta parece ser unha desas comisións das que tamén falaba Napoleón: “cando quero que algo se paralice, nomeo unha comisión”.

0 Comments:

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner