Cómo se gastan os cartos en tempos de crise

Ven toda esta introducción a conto da noticia que saltaba
nas últimas datas. Resulta que a pesar das dificultades de diñeiro, e a pesar
de que o propio alcalde Evencio xa adiantou futuras subidas de taxas nos
servizos municipais (coma por exemplo, piscinas e conservatorio), o goberno do
BNG de Carballo non deixa de celebrar un acto imprescidible para os
carballeses: o “Concurso de Artigos Normalizadores”. E resulta especialmente
chamativo que o gañador desta edición non é outro que o mesmísimo presidente da
Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, un destacado militante e
activista nacionalista, ó que todos os carballeses lle vamos a entregar 1.000
euros dos nosos cartos públicos. E non vamos a poñer en dúbida a que seguro que
foi unha tarea difícil e rigorosa por parte dun xurado seguro que de prestixio.
E tampouco vamos facer demagoxia, nin
dicir que por 1.000 euros ninguén se vaia facer rico, nin se vaia arruinar o
Concello. Pero hai cousas que atentan tando contra a ética e contra a estética
que fan dano á vista, e nos tempos que corren, gastar os cartos de todos para
facer proselitismo político e financiar ós amiguiños inspira unha serie de
sentimentos que nos imos a calar para non ofender a ninguén.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home