Resultados eleccións 21-O en Carballo
Carballo non foi unha excepción. A contundente mayoría absoluta acadada por Alberto Núñez Feijoo a nivel galego tamén foi seguida na capital de Bergantiños. Non obstante, a nosa cidade presentou unha peculiaridade: mentres que no conxunta de Galicia a participación apenas baixou menos dun punto (64,43 a 63,80%, votou moita máis xente do agardado e do comentado), aquí sí que houbo un descenso duns dez puntos, do 68,57 ó 58,68%. Interesante sería analizar e debatir o por qué, ¿se cadra o ter a taxa de paro máis alta da provincia provocou un maior desapego da política?
Resumindo: PPdG: baixa de 7324 a 6710 votos, pero sube dun 41.9% a un 44,8% (+2,9%).
BNG: baixa de 4049 a 2986 votos (máis de 5000 tivera no 2005), e dun 23,2% a un 19,9% (-3,3%).
PSdG: baixa de 4509 a 2452 votos, e dun 27,3% a un 16,4% (-8,9%).
AGE: aparece con 1507 votos, un 10,1%.
TEGA/CxG: o partido apadrinado por Manuel Andrade queda coma unha forza residual con só 173 votos, un 1,2%, cando hai catro anos Terra Galega tivera 963 votos e un 5,5%. De feito, mesmo foi superado por UPD, e case alcanzado polo sorprendente partido-protesta de Escaños en Blanco, con 156 votos.
A nosa análise: Éxito sen paliativos do Partido Popular, que perde moitos menos votos que os demáis e mellora notablemente a súa porcentaxe ata uns niveis de maioría absoluta, colocando ó seu candidato Aurelio Núñez como deputado no Hórreo. O gran perdedor volta a ser o PSdG, que pega o gran batacazo baixando case ata os niveis que adoita ter nas municipais. Tamén levan un pau importante os seguidores de Terra Galega, cuxo apoio ó proxecto de Compromiso por Galicia resultou un fiasco absoluto, e parece quedar fora de calquera relevancia política. Mesmo a nivel municipal, quedarían moi lonxe de obter nin un concelleiro.
Capítulo aparte merece o complicadísimo panorama do nacionalismo galego. O BNG fracasa tamén en Carballo, pero en menor medida que a nivel galego. Non obstante, a caída é maior se miramos ás eleccións do ano 2005: dende entón os de Evencio perderon máis do 40% dos votos no noso concello. Por outra banda as consecuencias da debacle de Jorquera & Co. a nivel autonómico son polo de agora imprevisibles, e a irrupción de AGE, ese complexo proyecto liderado por Beiras e sustentado polo aparato de IU, supón toda unha incógnita a nivel municipal. Que vai pasar no seo do BNG, tanto a nivel galego coma carballés, será previsiblemente o asunto político máis interesante nos vindeiros meses.
2 Comments:
Pois parece que desde hoxe, o máis interesante pasa no grupo municipal do PP, que incluso sale na Interviú.
6/11/12 22:53
É que a agricultura moderna eche moi dada os pelotazos inmobiliarios.
18/1/13 07:48
Publicar un comentario
<< Home