Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, agosto 31, 2012

España, capital Carballo


Capital simbólica, pero capital á fin e ó cabo. Todas as análises que a nivel nacional e internacional se están a facer da crise española teñen un denominador común. Ou seguramente varios, pero máis concretamente todos os xornalistas que afrontan a elaboración dunha reportaxe sobre o asunto buscan un elemento, unha lugar, unha persoa, ou unha cidade que sirva como exemplo, como símbolo dos erros cometidos nestes anos. Os aeroportos de Castellón ou Cidade Real, o Gaiás, Seseña, as Caixas, Fadesa, Marbella, Pajín e Aído, o Pocero ou mesmo Belén Estebán teñen aparecido como imaxes para ilustrar ou personificar algúns ou moitos dos nosos males.


Pero se cadra non precisamos irnos tan lonxe. Porque aquí mesmo, en Carballo, temos case que todos os exemplos de cómo non se deben de facer as cousas, e por que temos chegado a onde estamos. Imos por partes:

- En Carballo, coma ningún outro lugar nos arredores, téñense dilapidado/tirado cartos a mans cheas en obras absurdas, inútiles ou pesimamente planificadas. Por exemplo:
o Temos a dubidosa honra de ter gastado 100 millóns de pesetas nun túnel invisible.
o Coa chegada do tristemente célebre Plan E, os nosos mandatarios perderon definitivamente os papeis, e gastaron, literalmente, millóns de euros en obras tan rocambolescas coma o parque de Berlín (antes rego da Balsa), ou un spa municipal que des-funciona permanentemente a medio gas.
o Por suposto, Evencio e Viña idearon a súa propia obra faraónica: máis de sete millóns de euros gastados nun Fórum, que pese os denodados esforzos do Catecismo por facer crer o contrario, aínda non se sabe para qué vai servir. As dimensións do complexo están tan fora de escala, que para tentar enchelo vaise regalar espacio á Xunta para que traslade as súas oficinas.
o Seguindo fielmente a tradición española de conseguir primeiro e subvención, e despois xa veremos qué facer con ela, o BNG adicouse a sacarlle cartos a ZP para ser gastados en Carballo. Non estaría de todo mal, se non fora porque o millón de euros que conseguiron estanse a tirar nun obra tan “demandada” polos veciños coma unha segunda biblioteca, esta vez de ámbito “comarcal”, e sen consultarlle sequera á Xunta e ós outros concellos.
o Mentres tanto, outras obras moito máis necesarias e largamente demandadas, coma a guardería ou a ampliación do polígono, acometéronse con tanto retraso, que chegan nun momento no que, ou están superadas, ou non están en condicións de prestar servicio. É dicir, planificación nula.


- Por suposto que na nosa vila tamén vivimos unha burbulla inmobiliaria, nesta caso sen parangón na comarca, da que non só nunca se renegou, senón que ademais tanto o alcalde Evencio coma os seus fieis seguidores dos catecismos varios alardeaban coma se fose un gran éxito.


- Non é pois de extrañar, que Carballo ostente récords de vivendas baleiras, ó igual que sucede en moitos puntos da costa levantina.

- Non o mencionamos, pero xa suporiades que, en consonancia coa febre constructora e o despilfarro a todos os niveis, a capital de Bergantiños dispuxo de cartos coma nunca na súa historia, cuns presupostos que cada ano batían marcas, pero que non serviron para solucionar ningún dos seus problemas históricos, nin para transformala en ningún sentido significativo.

- Tamén en consonancia con todo o anterior, os soldos públicos proliferaron máis ca nunca, e o goberno dos Evencio boys & girls chegou a ter ata 8 persoas con adicacións, máis 2 asesores. Acadáronse cifras récord nos casos de Andrade e Viña.

- Como nota curiosa, apuntar ademais que Evencio Ferrero foi conselleiro en Caixa Galicia xusto nos anos nos que se produxeron as “estafas” das preferentes.

- E por último, e como non, Carballo ten a taxa de paro máis alta da provincia.

Xa vedes que, para entender o que pasa en España, basta con mirar pola fiestra da nosa casa. Ah, e por certo, tamén aquí, coma sucede a nivel nacional, ninguén admite erros, ninguén fai autocrítica, e todos os culpables se buscan fora.


Etiquetas: ,

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

¿Casualidad que no halla mención al Gürtel, a la operación Orquesta, el caso Palma-Arena o a Baltar? claro, no vaya a ser que nos tiren de las orejas desde arriba... Se da por descontado que todos los males que sufre nuestro pueblo son causados por el infame Ferrero y el malvado Viña, que dilapidaron todo esfuerzo del Sr. Feijóo y su súbdito Albertito por combatir el paro y atraer inversión a nuestra comarca.

No sé lo que os habrán prometido desde arriba por esta incansable campaña desde los medios digitales (si hay que reconoceros algo, es vuestra tenacidad y capacidad para ceñiros al plan trazado desde las oficinas de la gaviota), pero desde luego no ha de ser cosa menor. Suerte en la campaña de las autonómicas, que desde luego adoctrinamiento no os falta.

1/9/12 11:39

 
Anonymous Anónimo said...

Carallo, amigho, seica as verdades doen...

1/9/12 15:14

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner