Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, noviembre 02, 2006

Andie déixase querer


Semella que logo de moitas citas, Andie comeza a sentir algo por Bill. O pretendente foi mellorando a súa técnica para facerlle as beiras, e rematou por atopar o seu particular punto “G”.

Aínda que a mesa de contratación do parking-centro comercial de Carballo non se reunirá ata a próxima semana, onte a prensa local anunciaba que a documentación presentada por Aldesa e Benal é correcta e que o proceso sigue adiante. Nunha reunión sorpresa que non fora anunciada nos medios, a mesa dou validez aos documentos presentados. Os non iniciados no mundo do dereito non acabamos de comprender a que obedece esa votación, e para que se vai reunir de novo a mesa de contratación se a decisión xa está tomada. Agradeceríamos que alguén nolo aclarase. Non obstante, o si de Andie non vai ser completo, porque tanto o representante do PP coma o secretario e a interventora municipais votaron en contra por considerar que as empresas non cumplen as condicións necesarias.

Pero o caso é que, segundo a prensa de Carballo, Andie vai acabar aceptando aínda que só sexa pola insistencia de Bill, que non repara nesas minucias da legalidade, e que mañá amanecerá un novo día. Un día no que o protagonista será o proxecto concreto que o goberno pretende levar a cabo na principal praza da nosa vila. E coidado, porque ese día tampouco se presenta coma un día calquera. Polo pronto o PP xa dixo que o futuro edificio chegará ata 11 m da casa do Concello e que se perderá gran parte do espacio público, mentres que o goberno respostou que iso solamente son elucubracións feitas a partir dun simple esquema. Seguiremos atentos.


Enlaces relacionados:

Preparando outra cita con Andie

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Lin na prensa (non na que ledes vós, evidentemente) que se a mesa non aproba a documentación na primeira reunión (neste caso fixeron falta varias) é necesario facer una reunión exclusivamente para coñecer as condicións técnicas, de aí o motivo que non se pudesen coñecer xa cando se aprobou o pliego de cláusulas administrativas. Eso sí, que o lera na prensa non quere dicir que saiba a explicación legal polo que non se pode facer.

2/11/06 17:58

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner