Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, octubre 24, 2006

Problemas de hardware e software


Se seguides a prensa escrita local, saberedes que durante a útima semana LVDG fixo unha enquisa baixo a pregunta: ¿Cree usted que el gobierno local de Carballo está suficientemente unido?

Un lector (que prefire non identificarse) cóntanos que enviou unha contestación á enquisa de LVDG, pero que non lla publicaron, e pídenos que o fagamos nós. E así o facemos:

Problemas de hardware y software

Este equipo se me queda colgado constantemente. Los pantallazos azules son frecuentes. Me sale un mensaje diciendo que “existen conflictos de hardware”, pero yo creo que fundamentalmente falla el software. A veces, hasta dudo de que tenga algún programa instalado. Esto de meter dos sistemas operativos (Windows y Linux) en el mismo disco, digan lo que digan, y por muchas particiones de disco que se hagan, está claro que no funciona. Y además, algún componente de hardware está obsoleto: ¿cómo hacer funcionar un DVD metiéndolo en la disquetera? Pero lo peor es el procesador: un viejo modelo Intel 486 (a estas alturas). Con esta velocidad de procesador, la productividad decae alarmantemente. Le doy a reiniciar, y nada. En septiembre del año pasado probé a borrar el disco duro y volver a reinstalar con otro sistema operativo. Pero los conflictos de hardware (otra vez) no me dejaron. Este equipo no va. Creo que tendré que cambiarlo pronto por otro nuevo. ¿Me recogerán este?

(Non entendemos o motivo de que non publicaran esta opinión. Quizás o autor é demasiado “técnico”?)



3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Sen pretender xustificar a "LVDG", debo decir que eu tamén enviei un comentario a este blog? hai uns días e tampouco saleu publicado.
A diferencia é que eu non teño copia do que enviei e daquela non podo remitila a outro medio para que a publiquen, onde se preguntarían porqué non o fixestedes vos.
Se non tedes outra cousa que contar, mais que o tema do aparcamento subterráneo, a máis estes chismes, entón o governo local está de noraboa.
Eu, pola miña parte, vou deixar de perde-lo tempo.
Adeus.

24/10/06 22:03

 
Blogger Carballo Dixital said...

Non deixamos ningún comentario sin publicar nas últimas semanas, así que é posible que por calquera motivo non chegara a nós.

En canto ó contido da web, sentimos que non che interese o que se di aquí. Permítenos que che recomendemos a páxina web do Concello de Carballo. De seguro que sintonizarás mellor con ela.

25/10/06 11:17

 
Anonymous Anónimo said...

Hai que ver !!!
Co pouco que escribin e xa me tedes calado. É certo, sintonizo mellor coa web do concello.
E agora vou decir o que xa dixen anteriormente e non saleu publicado (quera aclarado que non vos chegou), con relación as Actas da Mesa de Negociación entre funcionarios e Governo local.
Dicía eu que isto co PP non pasaba.
Non pasaba porque non había Actas.
E non había Actas porque non había Mesa de Negociación.
E agora hai falta de transparencia!!!
Por eso na Mesa de Negociación están representados os tres partidos do Governo e mais tódolos los sindicatos representativos. É decir, 8 ou 9 persoas de diferentes organizacións.
O resultado das Actas son as Bases para a selección de Persoal, que xa son públicas. ¿Acaso querén tamén as deliberacións de cada partido e de cada sindicato, antes de presentar as súas propostas?
Este governo debe facelo mellor, pero que sexa precisamente o PP quen lle queira dar leccións de democracia e transparencia despois do que leva pasado con Governos locais e nacionais mandados polo PP, manda carallo.

25/10/06 21:45

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner