Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, octubre 16, 2006

Ou non tan ben…


Con risco de equivocarnos adiantámonos ós acontecementos, porque xa temos suficiente coñecemento da política carballesa como poder prever, con certo grao de probabilidade, o que vai a pasar.

Se no último post falabamos da chamada ó entendemento que fixo o alcalde Evencio Ferrero, dicindo ó mesmo tempo que branco e que negro, agora o asunto toma unha nova volta de torca. Porque o propio alcalde saía onte de forma inusual no Diario de Bergantiños atribuíndo á concellería de Medio Ambiente (do BNG, por suposto) a autoría das obras de saneamento que se teñen realizado na lexislatura. As mesmas obras que Andrade ten atribuído á xestión do CDI.

De modo que, ou moito nos equivocamos, ou as chamadas á calma foron máis unha formalidade que unha intención real, e non habemos tardar en escoitar a resposta de Manuel Andrade. E é que, en ano electoral, as “hondonadas” priman sobre o “vamos a llevarnos bien”. Eso si, cabe lembrar que o tenente de alcalde xa non ten na súa man a coñecida arma da moción de censura, e está en inferioridade de condicións con respecto ó BNG.


1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Vamos llevarnos bien y vamos seguir contando mentiras que estos parvos tragan lo que les boten.

16/10/06 11:51

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner