Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, octubre 09, 2006

Ilustrando jazz


Este é o título dunha exposición de pinturas realizadas polo artista carballés Mon Lendoiro. A mostra inclúe unha serie de pezas nas que o autor ofrece a súa particular e orixinal visión do mundo do Jazz e fai un repaso polas máis destacadas figuras da historia deste estilo musical.

A exposición xa se realizou no Pazo da Cultura de Carballo, e agora o propio Mon comunícanos que está a disposición do público do 2 de outubro ó 2 de novembro na sala de exposicións do Concello de Cerceda. Ó mesmo tempo, o artista local ten un blog persoal onde recolle os pormenores da súa obra e que recomendamos visitar: www.ilustrandojazz.blogspot.com.

Noraboa a Mon pola súa arte e gracias por informarnos de todo isto.



0 Comments:

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner