Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, octubre 06, 2006

Máis reaccións á situación de Calvo


Carballo é portada de primeira páxina en case toda a prensa e radio galegas, e por desgraza, non por algo positivo. O incerto futuro de Calvo preocupa e moito na nosa vila e en toda Galicia, e as reacción e comentarios son tantos e tan extensos, que non hai moito que nós teñamos que aportar. Nembargantes, imos tentar facer un pequeno resumo de prensa de canto está a suceder:

- Calvo comunica ós seus traballadores que o cambio de propietario non ten por qué ser malo. (www.galiciadiario.com).
- Algúns representantes sindicais manifestaron que as explicacións da empresa non foron nada clarificadoras. (
www.galiciadiario.com).
- Touriño di que hai empresas galegas interesadas na compra, mentres Feijoo critica que o comportamento da Xunta xenera desconfianza nos empresarios e Quintana cre que “ó final vai haber máis nacionalistas do que se cría”. (
www.galiciadiario.com).
- A fusión de Calvo e Jealsa suporía a maior conservería de Europa, pero o elevado custo dificulta a operación. (
www.lavozdegalicia.es)
- O presidente de Calvo di que non van ser segunda marca doutra empresa. (
www.lavozdegalicia.es)
- Calvo manexa 3 ofertas de compra xestionadas por Nmás1 que poderían estar listas en 15 días (
www.lavozdegalicia.es).
- A empresa garante que as plantas de Carballo e Esteiro seguirán a funcionar: “¿ónde iamos fabricar 750 millóns de latas de tanta calidade?”. (
www.lavozdegalicia.es).
- Políticos e sindicatos de Carballo temen polos postos de traballo. (
www.elcorreogallego.es).
- Touriño recoñece que coñecía a operación hai meses. (
www.elcorreogallego.es).

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

e digo eu,
como outras grandes empresas galegas que se fixeron grandes a conta de subvencións a fondo perdido e créditos blandos,
¿no haberia que decirlle a esta xente, que sí, que poden vender, pero tamén teñen a obligación de devolver peseta por peseta de canto recibiron das administracións??
porque claro, a xunta ten dado subvencións (agora non lembro en que datas foron aparecendo na voz, pero ei de atopalas), se para que non cerrase aqui, se para que abrira a sua expansion en Salvador, para comprar as brasileiras, e agora queren vendela ó mellor postor e despois embolsarse os meus cartos, pois as subvencions danllas cos cartos que teño que pagar eu todolos dias.
non sería algo que as administracións terían que ter en conta??.

6/10/06 16:17

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner