Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, septiembre 29, 2006

Para rir


Dámoslle a grazas a Lola por esta colaboración que nos envía:


O destes artistas, máis que outra cousa, xa nos fai rir.

Así a bote pronto, no último mes: despois de chamarlle “cloaca” ó río do que bebemos (Andrade); do affaire do cemiterio nuclear (Pérez Ferreiro); de decir que a oferta do mercado era "excelente" antes de que ninguén a coñeza (Andrade outra vez); de negar un verquido que seica non existía pero que despois resulta que existía (Lamas); de tratar de confundir coas datas do verquido para lavar a cara (Ferrero hoxe na radio); de pasarse “polo forro” varios informes do secretario do concello no último pleno (o tripartito en ídem);… a traca (¿final?) pona o concelleiro de Mantemento (Lamas outra vez). Ata A Voz de Galicia se fai eco das deficiencias de mantemento dos parques e xardíns:
"Varias vecinas de Carballo mostraron ayer a través de RadioVoz Begantiños su malestar por los problemas de conservación que presentan las instalaciones infantiles de varios parques de la localidad.

Las afectadas denunciaron que tanto en la plaza del Concello como en el parque del Anllóns, el corcho de la superficie ha comenzado a pudrirse y presenta un estado muy resbaladizo. Además, los propios juegos presentan muy mal estado, especialmente en las inmediaciones del río y en las instalaciones del parque de la Cruz Roja. En este último caso, la rotura de algún juego ha dejado al descubierto, con peligro evidente para los más pequeños, los tornillos.”

Pase que mintan no asunto do verquido ó río Anllóns, porque (case) ninguén o viu, … pero fai falta ser atrevido (e/ou inconsciente) para atreverse a decir o que sigue, tal e como recolle La Voz de Galicia: “al respecto, el concejal de Mantemento, Lois Lamas señaló que puede haber alguna rotura puntual, pero que se realiza una labor diaria de mantenimiento.”

“Una labor diaria de mantenimiento”… qué jevi! Nótase que o concelleiro non vai moito polos parques, porque todas sabemos o estado en que están os xardíns e zonas de xogo e como se manteñen “diariamente”. Os que si que os mantemos somos nós (a estes políticos tan sinceros e eficaces).

¿Pensan que somos parvos/as?


 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner