Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, septiembre 22, 2006

Balance de danos


Non somos Siniestro Total, pero xa pasado definitivamente o furacán Gordon, imos tentar facer un balance exhaustivo dos danos que causou en Carballo, cando menos de todos os que temos noticia:

- No colexio San Luis Romero levantáronse tres chapas do tellado, nunha superficie duns 90 metros cadrados, e as clases suspendéronse no día de hoxe, mentres a brigada de obras tenta subsanar os desperfectos.
- No xeriátrico de Abrente o vento tamén levou algunhas planchas do tellado.
- Na zona do Parga Pondal o vento arrastro planchas de poliespán.
- No centro de Aspaber tamén houbo desperfectos.
- No polígono de Bértoa houbo varias naves afectadas, sobre todo a de Cash Galicia, onde o vento arrincou planchas da cuberto, e o concesionario da Peugeot que viu cómo se lle rompía o escaparate de exposición de coches.
- Tamén en Bértoa varias vallas publicitarias foron derribadas, e un panel de obra caiu sobre un automóvil.
- A empresa suministradora de gas viuse na obriga de reforzar algunas canalizacións exteriores de edificios de Carballo que ameazaban con desprenderse.
- Varias empresas quedaron sen subministro eléctrico, incluída a depuradora de augas residuais. - En Cances, os carballos do atrio da igrexa resultaron tamén danados.
- En Sofán e mais en Entrecruces houbo lumes forestais por culpa da caída de árbores sobre o tendido eléctrico, mais non chegaron a maiores.

¿Cómo vivistes este día? ¿Sabedes doutros danos importantes que non teñan saído na prensa?



 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner