Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, septiembre 14, 2006

Subvencióname, Andrade


A inocencia (¿) dalgúns políticos é candorosa. Hoxe enterámonos, por boca do ínclito Sr. Andrade, concelleiro de Urbanismo de Carballo e primeiro teniente de alcalde, que seica concede subvencións para facer urbanizacións privadas (fai ben, os cartos son seus, ¿non?). Lemos a noticia en LVDG:

“Según explicó Juan Manuel Cancela [¿de qué nos sona este nome?], representante de la comisión gestora para el desarrollo de la unidad de actuación, el proceso se ha ralentizado porque se está negociando la compra de una finca «para sacar los desagües». Salvo por este contratiempo de última hora y algún que otro pequeño detalle, el proyecto está a punto para recibir el dictamen del Ayuntamiento.

Tampoco la urbanización se prevé demasiado rápida, fundamentalmente porque el coste estimado de la construcción de la red viaria y la instalación de todos los servicios urbanos es de 3.600.000 euros, que deben pagar los propietarios. El primer paso que han dado en este sentido fue la apertura del vial principal, de 24 metros de ancho, que enlazará la urbanización con la carretera de Razo, y para el cual recibieron una subvención del Concello de Carballo, tal y como indicó el concejal de Urbanismo, Manuel Andrade Cristóbal.”

Tiñamos entendido... que os promotores da urbanización teñen a obriga de dotala de tódolos servizos e viais, incluida a conexión coas outras vías públicas, pero á vista da noticia parece que estabamos equivocados. A partir de agora, supoñemos que o Concello concederá subvencións a tódolas urbanizacións privadas e negocios que se promovan en Carballo. Así que xa o saben os demáis propietarios: a pedir subvencións a Andrade, que malo será...

(Como máis adiante se explica na noticia, por lei o concello ten que recibir o 10% da urbanización. Pero resulta que, por outra vía [subvención], o Concello financia a urbanización. Cousas así eran as que pasaban nunha coñecida cidade da Costa do Sol. ¿Será cousa de que alguén investigue?)


0 Comments:

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner