Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, septiembre 12, 2006

Amigos para siempre


Cantaban os Manolos nas olimpiadas de Barcelona 92, e cantan os membros do goberno local de Carballo. Pese a que nas últimas datas poidemos escoitar a Manuel Andrade atacar ós seus socios do BNG, ó BNG atacar a Andrade, e o PSOE outro tanto, e pese a que un concelleiro do CDI desobedeciu directamente as ordes do alcalde e montou un monumental escándalo a nivel nacional coa idea de albergar un almacén de residuos nuclerares, Evencio Ferrero ve as cousas doutro xeito.

Tal e como recolle hoxe A Nosa Costa, o munícipe afirma que “somos un goberno cohesionado con momentos concretos de diferencias”, e que a situación actual ven derivada de que “os cidadáns decidiron isto e repartiron así as cartas”. Curiosamente no noso blog xa fixeramos antes algún símil co tema dos xogos de mesa, porque en efecto a situación da política carballesa aseméllase máis a un partida de póquer ou de mus que a outra cousa. Precisamente por iso, porque nos xogos de cartas o engano é un arma fundamental, nós preferimos ser escépticos con este tipo de declaracións, porque quen sabe se hai ases escondidos na manga, e quen sabe qué astutas xogadas se poden estar preparando.

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Eu lembro gobernos anteriores que se levaban peor (sendo todos os seus membros do mesmo grupo político).
Ainda as parellas de namorados teñen as súas disputas, así que este goberno municipal non parece, despois de todo, que teña tantos problemas.
Pero xa se sabe, que todo depende do vidro co que se mire.

13/9/06 16:32

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner