Enemigos íntimos
Curiosa a historia de Joaquín Sabina e Fito Páez. Grabaron un disco xuntos chamado “Enemigos íntimos”, e acabaron sendo máis “enemigos” ca “íntimos”. Algo parecido sucede en Carballo coa relación entre os socios de goberno. Coñecidos son os altibaixos do pacto, crises de goberno incluidas, e mesmo os ataques de Manuel Andrade ós seus socios de goberno, pero con todo, o interese común de manterse no goberno (e cobrar) mantivo a Evencio Ferrero e Andrade máis como íntimos que coma inimigos.
Sen embargo, co axetreado inicio deste curso político electoral os ventos semellan cambiar de dirección, e a proximidade das eleccións fai que cada un mire máis polo seu. Hai que destacar un dato moi importante: que agora xa non é posible unha moción de censura, e que tampouco tería demasiado sentido a formación dun goberno diferente.
Por iso nestas datas nos sorprendíamos non só coas declaracións de Andrade nas que acusaba ós seus socios de non apoiar os proxectos do parking-centro comercial ou do campo de golf (algo que xa escoitaramos antes), senón que tamén o concelleiro do BNG Lois Lamas arremetía contra Andrade por calificar o río Anllóns de "cloaca" e por apropiarse da idea de facer un novo abastacemento a Carballo, que segundo o nacionalista xa fora estudiada antes polo goberno.
Pois xa vedes como está o patio. A bo seguro que non nos imos aburrir.
1 Comments:
"Por el interés te quiero andrés"
(y al pueblo que lo jodan)
6/9/06 19:19
Publicar un comentario
<< Home