Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, agosto 17, 2006

Presentación de Xiria Basket 2006

O Xiria de baloncesto (http://www.xiria.es) envíanos unha nota de prensa na que informa da celebración, mañá venres día 18 de agosto ás 21:00, da presentación oficial do seu equipo para a próxima tempada 2006-2007. De cara á súa estre na liga EBA, os carballeses vanse enfrontar ó CB Galicia de Ferrol (http://www.cbgferrol.org), en partido correspondente á primeira xornada da XXI Copa Galicia.

O plantel completo do equipo da nosa vila de cara á competición deste ano é o seguinte:

ROI Vega (base – 11ª tempada)
MANU Rey (base – procedente do junior)
Diego BRANDÓN (base – en idade junior)
CHAVI Suárez (escolta – 2ª tempada)
Carlos Taibo (escolta – 11ª tempada)
Marcos MOLK (aleiro – 11ª tempada)
Fernando Lariño (aleiro – 4ª tempada)
DAVID PERNAS (ala-pivot – 2ª tempada)
Emmanuel OBOH (ala-pivot – Monzón)
Luis Montenegro MONTI (pívot – 5ª tempada)
Jesús SOMORROSTRO (pívot – 2ª tempada)
Álex MESA (pívot – Monzón)

Óscar Lata Alonso (adestrador)
Rubén Lorenzo (2º adestrador)
Marcos López (preparador físico)


Como vedes, un equipo con xente nova e de Carballo, aderezado coa calidade das novas fichaxes, Oboh e Mesa, a quen vemos na fotografía. Non o perdades, porque merecen todo o noso apoio.

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

haremos un hueco para poder ir

18/8/06 15:23

 
Anonymous Anónimo said...

TREMENDO PARTIDAZO DE LOS DE CARBLLO. GANARONNNNNNNNNNNNN

21/8/06 14:51

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner