Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, agosto 09, 2006

Un fruteiro en Dublín

A cervexería Dublín de Carballo continúa a ofrecer ós carballeses actuacións de primeiro nivel nacional. Se no céntrico local da rúa Fomento xa teñen actuado Los Limones, Luis Piedrahita ou Quequé, agora tócalle ó turno a unha das caras máis coñecidas da TV.

Santi Rodríguez comezou os seus pasos no teatro e pasou á pequena pantalla da man do Clube da Comedia, e con Manel Fuentes no seu programa “La Noche”, onde se vía sometido ás máis complicadas probas de risco. Pero o seu salto á fama logrouno coa interpretación do “Fruteiro” da exitosa serie “7 vidas”, un personaxe caradura, machista e sen moitos escrúpulos, que Santi bordaba á perfección. Nos enlaces de máis embaixo podedes informarvos un pouquiño mellor.

A actuación terá lugar o día 15 de agosto, e as entradas (12 euros) poden retirarse a partir de xa na propia cervexería Dublín.

http://www.7vidas.telecinco.es/dn_10.htm

http://www.imdb.com/name/nm0736115/filmoyear

http://83.175.206.50/2006-02-20/comunicacion/comunicacion3.htm

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner