Boas obras
Como a que acaba de realizar o Arcebispado de Santiago en colaboración con Cáritas. O órgano de representación da Igrexa na nosa zona ven de donar a casa da vella rectoral da parroquia de Artes para que sexa empregada como centro de día, ademais de incluir a súa conversión en vivenda comunitaria. O Concello de Carbalo colaborará cos documentos técnicos para acondicionar o edificio, que en diante terá coma utilidade un servicio moi útil para os veciños de Artes.
Ademais, poidemos saber que o Arcebispado tamén outorgou unha subvención de 500 euros para a reparación dos retablos da igrexa de Berdillo. Noraboa ó Arcebispado polas súas iniciativas e por dar exemplo traballando polo ben de todos.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home