Tranquilidade nas praias

Segundo as datos facilitados ós medios, no mes pasado non houbo que lamentar ningún incidente grave, pese a terse dado unha gran cantidade de bañistas polo bo tempo que desfrutamos. Pola contra, a maior parte das 83 intervencións realizadas en Razo e as outras tantas realizadas en Baldaio, respoden a picaduras de peixes ou pequenos cortes e feridas.
Non obstante fóra da auga non se deu esa mesma tranquilidade, xa que moitas persoas mostraron o seu malestar polas obras de estabilización da liña de costa que se están a realizar. Se ben é certo que as obras son necesarias, e que o bo tempo axuda a que avancen máis rápido, nós preguntámonos se non se podería ter previsto este aspecto e compatibilizado mellor os horarios de traballo cos de maior afluencia á praia.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home