Interesante, muy interesante...
El comentarista anónimo que demuestra conocer muy bien los entresijos de la Administración, nos vuelve a deleitar con nuevo "truco", publicado como comentario en la entrada titulada "Peligran los puestos de trabajo en Eulen". ¿Será cierto el tejemaneje? Juzgad vosotros mismos:
Quen fixo a Lei fixo a trampa Vol. 6.
Xa nin me acordo por cal volume podo ir, pero vou continuar coa miña liña "elucubradora" nun asunto que demostra que o noso governo municipal está moi versado, a pesares do escaso tempo no poder, en toda clase de "artificios" seudo-legais...
Supoñamos que me vence unha concesión administrativa dun servizo público (p.ex. cuidar os xardíns) que leva unha empresa desde hai anos.
Supoñamos que lla quero dar a unha empresa amiga onde poida colocar aos meus "afíns" de traballadores.
Xa expliquei cómo se amañan os concursos públicos, de xeito que o podo facer sen problemas. Pero, !sorpresa!: hai problemas:
1.- O Convenio Colectivo do Sector da empresa, de ámbito estatal, obriga á seguinte empresa, e á Administración, a subrogar aos traballadores da anterior concesionaria ou contratista. Esto significa que a nova empresa que obteña a concesión ten que integrar ao persoal que antes traballaba na anterior empresa. Esta é unha medida de fomento da estabilidade laboral regulada no Convenio Estatal do Sector.
2.- Se a empresa nova se ten que "comer" aos traballadores da vella, non podo colocar a ninguén.
Pois ben, coma sempre, a solución é moi sinxela...:
1.- Ataco o prestixio da anterior empresa para xustificar non prorroga-la concesión temporalmente ata que a saque de novo a concurso público (aínda que, curiosamente, nunca antes, en 3 anos, a puxera en entredito)...
2.- Pola urxencia de atende-los parques, asumo directamente o mantemento dos mesmos, coa Brigada de Obras municipal.
3.- Deixo pasar un tempo, para "decidir si manter a xestión directa", durante o cal venderlles a moto aos traballadores que quedaron na rúa xustificando a miña conducta co primeiro que se me ocorra.
4.- Pasado un tempo, "comprobo que non pode ser xestionado pola Brigada", que non ten tempo para elo.
5.- Entón, convoco un concurso público, e malo será que os traballadores que estaban en Eulen non se teñan colocado xa noutro sitio, ou dado por perdida a causa, e non me denuncien.
6.- Tras do concurso, doullo á nova empresa, e que contraten a quen queiran (ou a quen eu lles diga).
Xa vedes que, como sempre, quen fixo a Lei... fixo a trampa.
O que xa non ten perdón é que isto o xestione un governo de "esquerdas" (+Andrade) e que o defenda un concelleiro que foi representante dun sindicato agrario nazonalista.
O malo desta trampa: como os traballadores se poñan "farrucos", e leven o tema aos Tribunais, levan todas as de gañar: é un fraude da Lei manifesto.
Viva la revolución obrera!!! (e a súa defensa polas forzas marxistas...)
Enlaces relacionados:
Peligran los puestos de trabajo en Eulen
6 Comments:
non sabia eu que aina por encima, os carballeses, lles teríamos que pagar as indemnizacións dos obreros (ou quedarnos con eles cando realmente non merece a pena) a unha multinacional que gaña centos de millóns de euros. porque eu son empresario, e se é así, que os concellos ou empresas pras que traballo, cando deixen de traballar por calqueira motivo (entre eles un mal servicio, ou non vives en carballo??), se me fagan cargo deles.
eu alucino moito con vos, e gustame ler o blogg este, porque de paso aceleraseme un pouco o pulso. sodes o café que me fai espabilar pola maña. seguide así que ides lonxe
21/7/06 12:38
hui hui hui, que ven o coco,
Os do PP estades pasados, pero desde cando cando se acaba un contrato cunha empresa e ese traballo non se lle contrata a outra, hai que subrogar aos traballadores,
En fin esta amigo, con toda a información que expón está claro quen é, o de sempre,
Pois eso, aos tribunais,
Por certo, todos sabemos como dou esta concesión o PP e a quen puxo a traballar, comprendo que se defendan entre eles
21/7/06 12:59
E porque non poñemos os alumnos da ETC, seria unha boa forma de que os Carballeses poidamos recuperar os cartos invertidos na ETC, serian como trabajos a la comunidad.
Como cuando pagas las matriculas
21/7/06 13:33
Son o autor do comentario antérior: eu non digo que teñamos que pagar indemnizacións: digo que nos arriscamos moito a ter que facelo.
Estou a favor de que o Concello faga il diretamente o labor, pero xamáis estarei a favor do despido de traballadores que xa teñen sido suficientemente esplotados pola súa patronal.
E parésceme mintira que alguén poida defender o contrário desde unha posición de esquerdas.
21/7/06 14:08
O do comentario da ETC son eu voume ter que rexistrar e todo
21/7/06 20:45
Viva!
Llenemos todo de funcionarios "afines" y tan trabajadores como los actuales, así los impuestos tendrán que ser los más altos de Galicia para atender al personal laboral del ayuntamiento.
Cuando todo se subcontrata vienen los listos del tripartito a descubrir américa. Y esto es la herencia que dejarán a los carballeses.
A Eulen se le rescinde el contrato. Veremos cuando haya que echar a los funcionarios de 8 horas escasas y con sueldo seguro... Total, paga papá concello (con el dinero fabricado por una máquina que comprarán en Alemania) ¡son listos coma un allo!
24/7/06 13:22
Publicar un comentario
<< Home