Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, julio 04, 2006

Horta de Romay


Unha das noticias da últimas datas é a inminente urbanizacion da chamada Horta de Romay. Para os despistados, o espazo que hai entre a Praza do Concello e a Igrexa por detrás do Mexillón. Trátase do resultado dun convenio que o Concello asinara cos propietarios deses terreos xa na anterior lexislatura, e segundo puidemos saber inclúe a creación dunha rúa peatonal, unha praza porticada e a construcción de edificios.

O caso é que o asunto supón unha noticia triple. Por unha parte, pola obra en si, que significa a construcción de novas vivendas e a apertura dunha nova vía peatonal. Por outra parte porque a superficie, en tanto non escomecen as obras, vaise adicar a aparcamento provisional, tal e como anunciaban o domingo o alcalde Evencio Ferrero e o concelleiro de Facenda José Antonio Viña. E en último término porque para proceder ás obras procedeuse a destruir o marabilloso xardín (privado) con árbores case centenarias que medraba en pleno centro carballés.

Este último aspecto ten sido moi criticado por algúns medios, que non entenden que se teña destruido un espazo desta importancia ante a pasividade das administracións, sen que ninguén diga nada, ou que non se puidesen ter aproveitado as árbores existentes para a nova praza. Pero o máis noticiable do asunto é que as críticas máis duras proveñen do grupo Voz, que mesmo ten atacado de xeito contundente ó goberno local. ¿Estará a cambiar algo?

P.D.: Non, despois de escoitar hoxe Radiovoz, non está a cambiar nada. Xa se encargou o locutor de deixar ben clariño que, máis ou menos, "esto é cousa de Varela" (como todos os males que nos aqueixan). Sempre hai quen lle saque as castañas do lume ó noso primeiro prócer.


7 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Sí, todo lo que es criticable es culpa de Varela, de los propietarios o del cha-cha-cha.
Boicot a la prensa y radio del régimen. Dan vergüenza.

4/7/06 17:42

 
Anonymous Anónimo said...

¿y las obras del anterior gobierno? Si reconocen una(la de Romay)porque le aprietan las clavijas al gobierno ¿qué pasa con la Vázquez de Parga, Coruña, Horreo, arreglo del bosque, calles previstas en el plan Xeral....? ¿quién se cuelga las medallas?Parece mentira que la prensa no denuncie esta manipulación dela realidad.

4/7/06 17:44

 
Anonymous Anónimo said...

Si es culpa de Varela y está todo tan mal, tuvieron y tienen ocasión de pararlo. Que no vengan con disculpas de mal pagador.

4/7/06 17:48

 
Anonymous Anónimo said...

¿Desde cuándo está mal conseguir una calle peatonal nueva, y un jardín público donde no lo había?

Sinceramente, no hay quien lo entienda. ¿Qué pretenden algunos? Que los de Romay regalaran al pueblo su propiedad? Si es así, yo también quiero un piso.

La demagogia no tiene límites.

4/7/06 18:28

 
Anonymous Anónimo said...

alguén foi por alí?

Os solares son solares, e os propietarios talaron as arbores, os castaños aqueles que hai alí supoño que serán os que van na zona verde que lle queda ao Concello.

Que hai de raro en esto?

Estos da Voz cada día están máis perdidos, despois rectifican claro, ante as evidencias.

4/7/06 19:37

 
Anonymous Anónimo said...

A ver. El convenio de urbanización de la Horta de Romay lo firmó Varela delante de los ojitos de todo el pueblo y anunciándolo con bombo y platillo en 2002. Para mal o para bien (Yo creo que para bien) la cosa es obra suya y de los dueños. Además, el solar es de propiedad privada y La Voz lo mismo podría criticar a todos los propietarios de que de vez en cuando talan todos sus pinos para vender madera. Por último, el solar no será usado como aparcamiento provisional, porque es privado y no hay acuerdo (leo hoy en prensa).

5/7/06 13:29

 
Anonymous Anónimo said...

Además, y a cambio de la edificabilidad, a los propietarios les ha costado el ceder cerca de 2.000 m2 en San Martiño al Concello. O sea que realmente el que ha hecho negocio es el Concello de Carballo..., vamos digo yo.

12/7/06 07:11

 

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner