Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, julio 03, 2006

La vida sigue igual


Igualiño que na canción de “Yulio”, polo menos no tocante ó culebrón político desta lexislatura, o concurso do parking-centro comercial da Praza do Concello.

Logo do fracaso do concurso, no que se confirmaron os augurios da oposición sobre Surtiser, S.L., a única empresa presentada, escoitamos ofrecementos de diálogo e consenso que deron como froito unha reunión celebrada o pasado venres na casa consistorial.

Pero como unha cousa é falar e outra moi distinta ceder ou cambiar de opinión, o resultado da reunión é que a vida segue exactamente igual. O PP non acepta o modelo escollido de outorgar en concesión a xestión dun centro comercial nunha praza pública, e o goberno non está disposto a recoñecer un erro, nin tampouco a volver a comezar o proceso dende o principio variando as condicións.

Así, preparádevos para a nova fase da película: operación “procedemento negociado”. E non a perdades porque isto ponse cada vez máis interesante e emocionante.



 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner