Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, julio 03, 2006

Nova rotonda, novas normas de tráfico, únicas no mundo enteiro


Con ese título, o noso amigo LOBO, a quen xa coñecemos dun artigo anterior, envíanos a seguinte colaboración:

Logo de mirar e volver mirar a nova rotonda da rúa Vázquez de Parga cruzamento coa rúa Gran Vía sigo sen entender que sentido ten o carril de incorporación (diante da Opel) así como os estacionamientos diante da casa do Sr. Tenente Alcalde e dun establecemento publico.

1º Para coller devandito carril téñome que incorporar á rotonda e posteriormente ao carril de circulación. Ata aí todo ben, pero sen nengun sentido.

2º Para estacionar na rúa Gran Vía teño que pasarme á toreira unha isleta para así poder estacionar correctamente.

¿Quen sería o mente lucida á que se lle ocorre poñer un carril de incorporación cando xa estas incorporado á vía preferente? ¿para que serve devandito carril? ¿non sería máis practico facer un carril de incorporación dende a rúa Gran Vía, delimitado correctamente? Iso daría moita máis saída que na actualidade, pero eliminariamos os estacionamientos desde o paso de peatones en diante.

Pero, ¿cal é o problema? Que se terían que quitar os estacionamientos de diante do domicilio do Señor concelleiro, así como os do establecemento onde adoita parar el e o seu concelleiro de trafico a tomar café.

Menuda molestia non poder aparcar diante da casiña, mellor pinto e repinto e invento normas e todo solucionado, e os que queiran aparcar que aparquen, circúlase por encima dunha isleta e solucionado.

E de todo isto que opinase o xefe da policía local e os seus secuaces.

Señores políticos un pouco de seriedade, que ao final quen paga todo isto somos os cidadáns.




1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

oes juanjo,

¿les ti os datos dos que deixan as enquisas da voz?

¿son realmente quen din ser?

4/7/06 19:39

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner