Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, julio 06, 2006

TDT local en Carballo?


Lemos esto en Galicia Confidencial sobre a concesión de licencias de emisión de televisión dixital e radio de ámbito local.

Segundo este confidencial, a nova Xunta vai desvelar en datas vindeiras as concesións para a emisión dun total de 6 emisoras de radio a nivel autonómico, 66 emisoras de radio locais e 63 televisions dixitais locais, que ó parecer deixara sen resolver o anterior goberno.

Aínda que na noticia non se menciona a Carballo, nos comentarios si que se reproducen “disque-disques” das loitas entre grupos de comunicación e desputas políticas por ser quen de acadar a tan desexada concesión televisiva en localidades coma Vilagarcía, A Estrada, o Salnés, Ames ou Ribeira, de dimensións inferiores á nosa vila. Ademais, tratándose de 63 televisións, semella claro que polo menos unha caerá na comarca de Bergantiños.

Así pois, agardamos que as concesións se resolvan pronto, e polo ben de todos, que en Carballo teñamos máis dunha cadea para que non haxa monopolios informativos.



1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

estaria perfecto una television local en carballo

6/7/06 14:02

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner