Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, julio 12, 2006

Liberdade de expresión


Neste verán de calma chicha informativa lemos unha interesante noticia en A Nosa Costa. Refírese ó acto que o próximo sábado a asociación Lumieira organiza no Pazo da Cultura ás 9 da noite, e que terá como protagonista ó xornalista de orixe galego Ramón Chao.

A conferencia ven precedida dunha certa polémica, logo de que tanto Chao coma o seu compañeiro Ignacio Ramonet fosen censurados e retirados das páxinas da Voz de Galicia, onde adoitaban a escribir artigos de opinión. Según algunhas voces, esta censura ven motivada pola marcha da dirección do xornal de Bieito Rubido, caracterizado pola súa tolerancia, e ten provocado toda clase de críticas e reaccións contra o grupo Voz, como as que puidemos ler nos últimos meses en Galicia Confidencial. Curiosamente, xa nun post anterior, nós amosabamos a nosa preocupación polas consecuencias que podería ter na liña editorial do primeiro xornal galego o cambio de timonel, que moitos relacionaban co cambio no goberno da Xunta.

De tódolos xeitos, non podemos deixar de recordar que nin Ramón Chao nin Ignacio Ramonet se caracterizan precisamente por defender a liberdade de expresión dos demais. De feito, son coñecidos pola súa defensa de réximes dictatoriais e censores coma os de Cuba ou China, e polo seu apoio a líderes como Hugo Chávez, empeñados en regular os medios de comunicación e pechar aqueles que non lles gustan. Sen embargo, como nesta bitácora defendemos aquela famosa frase de “non me gusta o que di, pero daría calquera cousa por que poidese dicilo”, felicitamos a Lumieira, e aledámonos de que Chao poida expresar as súas opinións libremente en Carballo.





6 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Censura, si, naturalmente, como non.

Eu tiña ententido un par de cousas sobre este tema. Unha, que unha empresa xornalística privada contrata, para as súas páxinas de opinión, a quen lle dá a gana polo tempo que quere. Eu, por exemplo, boto de menos algunha outra firma de hai anos (Baltar, Mella...) antes que a estes señores a quen a penas lía, aínda que eles terían a súa parroquia. Censura vén sendo cortar trozos do que escribes o coartar temas, pero nunca extinguir unha relación contractual.
A outra cousa que oíra ou lera é que o Ramonet parece ser que rompeu a bona fides co medio co que colaboraba adiantando un bo cacho do seu último libro de conversas con Fidel (¡que tampouco era así, senón retazos de conversas vellas: un pseudo fraude!)a El País. Que ten narices.

En canto ao autor destos «sesudos» comentarios, que ó parecer traballa en Radio Xallas Lider Cadena Noroeste Punto Radio, mellor lle iría se falase da «censura» que para radios legais, que pagan impostos e licencias, representa a competencia desleal de emisoras ilegais que non pagan nada e por riba regalan a publicidade ou a «venden» a catro pesetas. Iso si que será censura para os que se moven no marco legal.Que son moitos en Galicia.

12/7/06 13:32

 
Blogger Carballo Dixital said...

Non imos rebatir a opinión anterior (cada quen pensa o que quere), pero si lle temos que decir que ó autor do comentario anterior que os "sesudos" comentarios (se se refire ó post) son colleita propia de CD, de ninguén máis.

12/7/06 17:19

 
Anonymous Anónimo said...

Boas, son o de antes. A verdade é que o tema non ía por vós, senón polo enlace ó que está vinculado e de onde sae a cousa esta, que redirecciona cara «anosacosta» ou algo así.
En canto ás opinións, afortunadamente son libres mentres non atenten contra a liberdade dos demais, e por tanto é bo que existan blogs como este que as permitan. Outra cousa son os feitos, eses si que son inapelables.
P.D. Lamentablemente, desde que a nova dirección da Voz colleu as rendas do xornal e estes dous reaccionarios xa non escriben (esto último vai con coña, claro), a audiencia do xornal multiplicouse e xa volve a mirar cara o seu teito dos 700.000 lectores, a nada de La Vanguardia, segundo viamos no EGM publicado hoxe, precisamente.

12/7/06 18:04

 
Anonymous Anónimo said...

La Coz ya tiene a una periodista encargada de contestar en CD las criticas a su periódico. Veo que os prestan atención. Eso de la EGM es como las encuestas del cis y las de intencion de voto, cada uno tiene la que mas le gusta. Boicot a la coz!!

13/7/06 11:55

 
Anonymous Anónimo said...

¿Que é iso de La Coz? ¿Un insulto, ou algo así?
¿Que é iso dun boicot? ¿Algo promovido por unha radio ilegal, ou algo así? ¿Desas que non aparecen na vida en ningún estudo, a menos que lle pregunten ós familiares dos locutores-frikis?

14/7/06 13:05

 
Anonymous Anónimo said...

pseudoperiodistas de la coz en pie de guerra!!

Contestando a las criticas de sus muchos detractores y vetando a los carballeses información sobre un acto celebrado en el Pazo da Cultura ¡y sólo porque el conferenciante era Ramón Chao!
¡eso sí q es informar...!

18/7/06 13:55

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner