Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, julio 07, 2006

Carballo terá tres cadeas de televisión dixital


O Consello da Xunta de Galicia celebrado onte resolviu o concurso polo que se otorga a concesión de 46 licencias de televisión dixital en Galicia.

Na provincia da Coruña adxudicáronse 16 canles. No que nos afecta, Carballo resultou agraciado con tres cadeas, que lle corresponderon a La Opinión de A Coruña, Editorial La Capital (editora do xornal Diario de Bergantiños) e Salitre Multimedia.

Deste último concesionario, que en Galicia só obtivo a emisora de Carballo, descoñecemos máis datos.

Parece unha boa noticia que os dous primeiros medios, que son os que teñen menos penetración nesta comarca, conseguiran facerse con dúas canles en Carballo, xa que, en principio, esto debe redundar nunha maior pluralidade.

Aquí podedes ler a nota de prensa emitida pola Xunta.


Enlaces relacionados:

TDT local en Carballo?

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Me sorprende mucho la ausencia del grupo Voz. De todos modos, me alegro de que sean 3 canales. La Opinión ya ha dado muestras de bastante independencia en su periódico (esperemos que siga así), el Diario tiene gente que puede hacer una buena labor, y lo de Salitre ya veremos a ver qué es. ¿Se sabe algo de cuando pueden empezar a funcionar?

7/7/06 12:51

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner