Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, julio 31, 2006

Unha de xuízos

O interminable culebrón do parking e o centro comercial do praza do Concello toma unha nova e inesperada polémica. Coma nesas películas americanas de interminables xuízos, onde o espectador non sabe cal das dúas partes ten a razón, e os guionistas introducen continuos golpes de efecto para desorientar nun sentido e no outro. É ben certo que xa no seu día o PP advertira de que o proceso podería ser nulo por realizar o concurso sen que antes se seleccionase un anteproxecto. E tamén é certo que tamén no seu día nós nos preguntabamos sobre por qué o executivo prefería consultar ós técnicos da Deputación, no canto de consultar ós seus propios funcionarios.

Agora xa sabemos a explicación, porque resulta que sae á luz un informe do mesmísimo secretario do Concello de Carballo, que non só avala as teses da oposición, senón que atopa novos motivos de nulidade. Paradoxicamente, o goberno local non ten en conta o informe do seu propio secretario, e apóiase noutro informe dun técnico da Deputación Provincial, que amosa unhas opinións distintas, e que avalan o procedemento seguido ata o de agora. Tal e como poidemos ler esta fin de semana na prensa local, os motivos de discordancias son tres:

- A incorporación ó expediente dun novo documento que non pasou por rexistro de entrada, meses despois de terse realizado a información pública, e que, segundo os populares, é determinante para decidir a solución elexida.
- A xa mencionada inexistencia de anteproxecto para realizar a adxudicación.
- A reducida "taxa interna de retorno", que para o secretario pon en dúbida a rendabilidade da concesión, e que o PP considera un xeito de eliminar competidores para que se presentase só unha empresa.

En resumo, que todo moi técnico, pero en absoluto aburrido, igual nas pelis de xuízos. En todo caso, vistos os antecedentes, parécenos que, máis que a seriedade de Harrison Ford en "Presunto Inocente", a este caso vaille mellor o Joe Pesci do "Meu primo Vinny". Apostámoslles a que éste non é o último golpe de efecto desta película.

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner