Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, agosto 16, 2006

A Mallorca

O concesionario Automóviles Dimolk de Carballo remítenos unha nota de prensa, que a decir verdade non ten demasiado interese informativo, pero que a máis dun ponnos os dentes longos. E seguindo a nosa máxima de servir de altofalante ós carballeses que así o desexen, aquí a traemos.

O caso é que este concesionario, en colaboración coa súa rede de axentes, sorteou o pasado día 10 unha viaxe de 7 días de vacacións a Mallorca, para dúas persoas. O sorteo celebrouse no centro comercial Bergantiños en presenza dos micrófonos de RadioVoz, e a agraciada resultou ser Mª del Mar París Ruibal, que realizou o mantementodo do seu vehículo en Outes, e que partirá o día 27 a desfrutar do premio.

A entrega do cupón realizábase a todo cliente que tivese realizado unha operación de mantemento ou revisión do seu vehículo e que implicase unha substitución do aceite do motor da marca ESSO, en calquera dos talleres da rede Peugeot.

Pois noraboa a Mª del Mar pola viaxe e a Dimolk pola idea, mentres nós nos conformamos con lembrar ós 3 Sudamericanos con aquela de “me lo dijo Pérez, que estuvo en Mallorca…” ou aqueloutra de “construir un puente desde Valencia hasta Mallorca”.

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner