Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, agosto 09, 2006

Nunca Máis 2006?

Como xa sabedes Carballo Dixital é un blog circunscrito á actualidade do noso concello. E, toquemos madeira (nunca mellor dito), Carballo é unha das poucas localidades que ata o de agora se ten librado da tremenda oleada de lumes que está a asolar Galicia. Sen embargo, o feito de que un lector nos fixese chegar amablemente a imaxe coa que ilustramos este post animounos a deixar algúns comentarios que ben poderían alentar un debate interesante.

Polo que sabemos, non é que Nunca Máis estea a coller novos folgos. É ben certo que hai dous anos (no último verán do goberno Fraga previo ás eleccións) houbo persoeiros do mundo da cultura que falaron de crear un Nunca Máis contra o lume, mais a idea non chegou a cristalizar. A foto que vedes é unha simple montaxe, supoñemos que dirixida a chamar á reflexión sobre os paralelismos entre esta catástrofe e a do Prestige, e sobre as reaccións e comportamentos dos diversos sectores sociais galegos.

Aínda que as comparacións son odiosas, o certo é que a vaga de lumes forestais que estamos a sufrir constitúe un desastre aínda maior có do pretroleiro, pois ademais dos danos ecolóxicos evidentes, tense cobrado xa a vida de 3 persoas, e ameaza as vivendas e pertenencias de centos delas, ademais de cortar estradas e alterar a vida diaria de moitas máis. Por iso chama a atención que a reacción da xente do chamado “mundo da cultura” e da maioría das medios de comunicación teña sido tan tibia e tan “políticamente correcta” coma din agora, se a comparamos co seu antecedente. Lonxe queda o recordo de Manuel Rivas, Xurxo Souto ou Carlos Blanco esixindo demisións ante as masas enardecidas, en pleno inicio da marea negra. Desta volta, tan só uns pouquiños actores teñen comparecido nun pequena rolda de prensa para mostrar a súa preocupación e solidaridade. E pese a que sabemos que os medios, a coordinación e a selección de persoal non teñen sido precisamente exemplares, os mesmos medios que se postularon entón na defensa dos cidadáns contra a “incompetencia” do poder, agora chamannos a todos á colaboración.

Partindo da base de que todos debemos afrontar xustos esta catástrofe, e de que xa haberá tempo para analizar o ocorrido, nós pensamos que hai algo neste país que non funciona ben cando, ante desastres similares, as reaccións son tan opostas segundo gobernen uns ou outros. Antes, agora e sempre: nunca máis lumes en Galicia.

7 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Pues aún no habeis visto nada. Esta mañana en la tele he podido ver una minimanifestación en Santiago, donde un grupo de personas llevaban unos cartelitos de Nunca Máis con las rayas en verde, y una pancarta que decía "PPirómanos, Nunca Máis". Entre los asistentes Encarna Otero (BNG) y Lidia Senra (Sindicato Labrego).

El PP, o espabila en la batalla mediática, o esta gente va a convencernos de que el blanco es negro y el negro es blanco.

10/8/06 10:00

 
Anonymous Anónimo said...

os do pp xa tedes o candidato a xunta e o joverno de españa apajando o lume en zapatitos de charol e camisita blanca. jeje. si señor, ahi, axundando as probes xentes da aldea a apajar o lume con unha manjeira. claro, que o poidemos ver porque pasaba por alí unha cámara da televisión e, casualidade, estaban apajando o lume. estes periodistas..., xa non son do soe ni do bloque, ajora están ca oposición.

10/8/06 12:23

 
Anonymous Anónimo said...

Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

10/8/06 12:24

 
Anonymous Anónimo said...

uf,los bloqueiros se enfadan.Pensé que había libertad de expresión, pero hay quién se sulfura. Que esto no es la TVg, y un debate con Manuel Rivas y Barreiro, los dos opinando los mismo, vaya debate!!!.
Lo de PPiromanos ya dice todo de esta gente

11/8/06 00:51

 
Blogger Talieiro said...

El problema hai que verlo sin pasaiones coloristas.
En todo este entramado de color fuego, esta claro que obedece a una respuesta ante el cambio de politica forestal mas preventiva y alguien o algunos no les ha gustado. Y como durante 18 años funciono el apagon informativo este año sabiendo que la actitud informativa habia cambiado, alguien penso esta es la nuestra para matar "muchos" pajaros de un tiro. Galicia tiene mas de 2millones de m2 de bosque y hacer una politica preventiva en el primer año es imposible, lo que se hizo este año es sentar las bases, y esto ya les jodio a algunos. La organizacion en la provocacion de los incendios lo puede ver hasta el mas estupido de los analfabatos. Y la actitud nuestra (de los gallegos) se ve una vez mas, solo nos interesa que nos llenen el bolsillo de dinero con ayudas y subvenciones y nuestra tierra y nuestro mar nos importa una mierda; es mas nos reimos de las ayuda humana que recibimos (aun recuerdo a los voluntarios del Prestige recogiendo la mierda del mar y a los marineros riendose de ellos). Y ahora a los del PP lo unico que les preocupa es que hagan un gabinete de crisis, ¿para que sirvio el gabinete de crisis de ellos? para enriquecer a sus amigos.
No, las cosas estan cambiando y van a seguir cambiando. Hay gallegos que estamos hasta los cojones de estos sinverguenzas y analfabetos y no vamos a dejar que destrozen nuestra tierra. A denunciarlos a todos y a no callar las verdades, sin miedo.
Ah! y no es que haya mas incendios este año que otros es que este año hay un reconociemnto general del problema que asola nuestra tierra desde hace mucho tiempo.

11/8/06 11:15

 
Anonymous Anónimo said...

¿Oístes as cuñas de radio da "viceprensidencia" da xunta? Patético. Xurxo Xouto pagando en especie o favor de que o contrataran para a Radio Galega. E o Quin como se fora o consellerio competente na materia (¿onde está o da UPG Suárez Canal?). E o de falar da "trama" para esconder a súa incompetencia xa non ten nome(poderían chamarlle "conspiración judeomasónica", quizás?) Definitivamente, pensan que somos tontos.

14/8/06 17:09

 
Anonymous Anónimo said...

Para quien no quiera ver las cosas con tintes coloristas, le recomiendo leer la convocatoria de la Dirección Xeral de Función Pública de la Xunta para las plazas de brigadistas contraincendios de 2006, en el D.O.G. nº 89, de 10 de mayo de 2006, dentro del apartado "Oposicións e concursos" del DOGA, y ver los REQUISITOS, (ojo!, no los méritos) para presentarse a las plazas, y ver quién miente y dice la verdad sobre la exigencia del gallego.
Y lo digo sin pasión colorista, sólo con el frío negro sobre blanco de un Boletín Oficial.

16/8/06 08:45

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner