Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, agosto 11, 2006

As normas de Mordor


Carballo e a meirande parte de Bergantiños continúan ó marxe da catástrofe incendiaria deste verán, pero as cousas comezan a pintar peor. Porque segundo informan hoxe tódolos medios, o lume estase a desprazar cara ó norte e xa afecta seriamente á Costa da Morte, con focos incluso en Ponteceso e Cerceda. Coma no reino de Mordor de “O señor dos aneis”, o lume e a oscuridade ocupan canto poden acadar.

Mentres, e seguindo o fío que comezamos co noso anterior post, onte puidemos ler na Voz de Carballo unha deses “Disgusta” que non somos quen de comprender:

DISGUSTA: Política de críticas
Hay cuestiones que deberían permanecer al margen de los enfrentamientos...

...políticos. El fuego es una de ellas. Cuando una comunidad como Galicia arde por los cuatro costados, como está ocurriendo, los políticos deberían centrar sus esfuerzos en buscar las fórmulas más adecuadas para combatir el fuego. Pero la fuerza se les va casi siempre por la boca.

Pois o certo é que estamos totalmente dacordo coa idea, pero non obstante hai un par cousas que non acabamos de entender. A primeira é que, visto o comentario, diríase que estamos nunca terrible guerra dialéctica entre partidos. Sen embargo, por máis que temos rebuscado, a única crítica política que atopamos no xornal son unhas “terribles” declaracións do alcalde de Cee, onde se queixa de que os avións tardaron en chegar a un lume, rapidamente respostadas na mesma páxina polo BNG que acusa ós alcaldes populares de “amparar” ós pirómanos. E a segunda é que non tiñamos noticia ata o de agora desta nova vocación pacificadora do xornal, xa que na anterior catástrofe que sufrimos (o Prestige) non lembramos ningún “disgusta” contra as críticas políticas, nin ningunha chamada á concordia e o entendemento. Máis ben era o propio xornal un dos colocados na vangarda desas críticas. De modo que temos a sensación de que estamos a asistir a un partido no que alguén cambiou as normas de xogo sen avisar. Na primeira parte valían os goles coa man, e na segunda non. ¿Por qué?

Afortunadamente, na internet existe unha maior liberdade de opinión, por exemplo en páxinas coma A Nosa Costa onde podemos ler estoutro artigo.

P.D: a idea de comparar a situación en Galicia con Mordor non é nosa, senón deste artigo de Cristina Losada, colaboradora de Libertad Digital e La Voz de Galicia en Vigo.

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

eso eso, que se vexan os referentes de Carballo Dixital, Libertad Digital, e sobre todo Cristina Losada, ben ben,

Polo menos xa se vai poñendo cada quen no seu sitio

11/8/06 10:56

 
Anonymous Anónimo said...

Ola, gustaríame saber onde podo coñecer o estado dos incendios en directo. Se pode ser en Internet, mellor.
Grazas

11/8/06 11:28

 
Blogger Carballo Dixital said...

Non temos referentes, senón que procuramos informarnos en tódolos medios posibles. E pensamos que temos dado mostras de defender a liberdade de expresión de persoas de tódalas ideoloxías, a última delas Ramón Chao. Simplemente, cando tomamos unha idea prestada cremos conveniente dicilo. Por outra parte, Cristina Losada colabora en varios medios, incluído o grupo Voz.

11/8/06 11:29

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner