Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, agosto 16, 2006

Identity empezará a fabricación en setembro de 2007


Segundo publica hoxe o diario El Mundo (enlace aquí), a marca de coches Identity prevé iniciar a fabricación en Carballo en setembro de 2007, no Polígono de Bértoa, co obxectivo de producir as 7 primeiras unidades do Identity i1 ese mesmo ano. Cada vehículo terá un prezo entre 200.000 e 300.000 euros.

O xornal tamén informa de que no deseño e realización do prototipo lévanse investidos 2,5 millóns de euros, así como que o seu deseñador, Humberto Rodríguez, desligouse do proxecto, o que, segundo o carballés José Ramón Fernández, Presidente de Identity, non supón ningún inconvinte.

José Ramón Fernández asegurou a El Mundo que as negociacións coa Xunta de Galicia e o Centro Tecnológico de Automoción de Galicia (CETAG) “concluiron favorablemente e todo está preparado para que no outono poidan comezar os traballos de construcción da factoría”.

Como xa explicara o propio José Ramón Fernández nunha entrevista concedida hai uns meses a Carballo Dixital, crearanse 60 empregos directos e uns 250 indirectos.




 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner