Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, agosto 23, 2006

Berocasión 2006


Unha estupenda nova a que podemos ler en www.anosacosta.com. Logo duns anos de baleiro, un grupo de empresarios vinculados ó mundo do automóvil decidiron xuntarse para recuperar “Berocasión”, a feira de vehículos de ocasión de Carballo.

O evento desenrolarase no parque do San Martiño os días 2 e 3 de setembro, sábado e domingo. Noraboa especial para os promotores, porque é ben certo que en Carballo se botan moito en falta iniciativas deste tipo, sobre todo despois de que tanto Feiraber coma a Festa do Pan desapareceran do panorama. Os empresarios que participan son os seguintes:

 Automóviles Dimolk, Concesionario Peugeot en Carballo (A Coruña) http://www.dimolk.com
 Motor Canedo http://www.motorcanedo.com/
 Motor Carballo
 Talleres J. Lema http://www.fecomgalicia.com/ga/empresa/index.php?id=186
 Vilas Rama Motor
 Desguaces A Galleguiña


 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner