Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, septiembre 05, 2006

Bos resultados para Berocasión


Semella que a experiencia de recuperación da feira do automóbil de ocasión de Bergantiños (Berocasión) se saldou con éxito. Segundo os organizadores o bo tempo retrasou a hora de visita da maior parte do público a partir das sete da tarde, pero aínda así conseguiron cerrarse a venta de 20 vehículos e a reserva de outros tantos. Case coma o Robin Williams vendedor de coches en Cadillac Man.

Así as cousas, os concesionarios que participaron na organización do evento teñen claro que haberá que repetir a experiencia para o ano que ven, ou mesmo antes. Eso si, haberá que buscar outra ubicación porque o parque do San Martiño quedou pequeno e precísase moita máis superficie. Dende o Concello proponse celebrar a feira na Casa dos Oficios unha vez estea operativa. Pois noraboa a todos, e a ver se dunha vez por todas conseguimos consolidar en Carballo unha feira estable, sexa do que sexa.

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner