Atención: pregunta
Recibimos o seguinte comentario anónimo dun lector a unha entrada:
"no tengo correo electrónico y esta pregunta no tiene que ver con el tema que están tratando pero quería que me comentaran este tema con motivo del inicio de curso:
en el CP de Bergantiños, se nos impone toda la enseñanza infantil y primer ciclo de primaria en gallego, fichas, lectura y escritura, sin previa consulta de los padres y sin ser una galegoescola.
¿es posible esto? ¿que derechos tenemos los padres que queremos que nuestros hijos aprendan en castellano? ¿no tenemos derecho a opinar?"
Lamentamos non poder repostar a esas preguntas porque non coñecemos o tema, e por iso as traemos aquí, para que aqueles que estean ó tanto da lexislación na materia nos poidan informar sobre o asunto. En todo caso, ten razón o comentarista en que non semella moi lóxico.
3 Comments:
Educación envía unha circular aos centros para que podan solicitar o ensino en galego na etapa infantil
A Administración educativa remitiu unha circular aos centros sostidos con fondos públicos que contan con máis dunha liña do 2º ciclo de educación infantil. Os centros solicitantes deben contar co compromiso do profesorado, a autorización dos pais, o acordo do Claustro e a aprobación do Consello Escolar
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de remitir unha circular aos centros sostidos con fondos públicos con máis dunha liña do 2º ciclo de educación infantil na que se recolle a convocatoria de accións para a potenciación do ensino en lingua galega nesta etapa. Estas accións desenvolveranse no curso 2006/2007.
Poderán participar os centros educativos sostidos con fondos públicos nos que se poda cursar o 2º ciclo de educación infantil e que conten ao menos con dúas liñas, nunha das cales se impartirá o ensino en lingua galega. A convocatoria, na que participan a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, establece como requisitos de participación a necesidade de contar co compromiso do profesorado implicado no proxecto; a autorización dos pais, nais ou titores legais do alumnado implicado; o acordo do Claustro e a aprobación do Consello Escolar; e contar con alumnado suficiente para a constitución dun grupo, sen que supoña ningún incremento do número de unidades.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 10 de xullo. Co obxectivo de avaliar as solicitudes presentadas, crearase unha Comisión que estará presidida pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, ou persoa en quen delegue. Esta Comisión emitirá unha proposta provisional de centros seleccionados, que incluirá aqueles que se adecúen ás bases da convocatoria. A listaxe de centros seleccionados poderá consultarse no portal educativo da Consellería de Educación www.edu.xunta.esno apartado da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, na sección convocatorias, a partir do 30 de xullo.
Os centros que resulten seleccionados neste ámbito recibirán da Administración educativa galega formación e asesoramento para o profesorado implicado. Así, os centros de Formación do Profesorado proporcionarán aos centros docentes o apoio e asesoramento tanto para a elaboración dos seus proxectos como para o seu desenvolvemento. Ademais, a Consellería de Educación proporcionará aos centros materiais e recursos en lingua galega, difundirá as experiencias a través da rede e publicará os materiais educativos producidos.
Seguimento do proxecto
A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa levará a cabo o seguimento e avaliación dos proxectos coa fin de verificar a súa realización, a calidade e os resultados acadados. Ao mesmo tempo, os Centros de Formación e Recursos (CFR) ofrecerán apoio e asesoramento, tanto na fase de elaboración dos proxectos como no desenvolvemento dos mesmos; e desempeñarán funcións de seguimento dos proxectos nos centros da súa área de influencia. Ademais, o inspector responsable do centro educativo velará polo desenvolvemento do proxecto.
Pola súa banda, a dirección de cada un dos centros que participen nas accións ás que se refire esta orde elaborará, antes do 30 de xuño de 2007, unha memoria das realizacións levadas a cabo para a posta en marcha do proxecto.
7/9/06 20:33
total que mais da que sexa en galego que en castelan, a fin de contas se o neno aprende galego na escola e castelan na casa sempre sera mellor que ser monolingüe, date de conta que o aprendizaxe de varias linguaxes na infancia ofrecen o neno a posibilidade de obter unha abstraccion na asimilacion de linguas favorecendo o futuro aprendizaxe de novas linguas , que o dia de mañan seranlle de gran axuda para destacar nun ambiente laboral co cal obtera un mellor soldo e poderase permitir un tren de vida mais acomodado ou simplimente aforraria traballo aprendendo novos idiomas.
As posibilidades laborais que a dia de hoxe se lle ofrecen a un traballador europeo pola simple razon de coñecer un par de idiomas asiaticos e unha licenciatura ou diplomatura (excluase educación infantil e caralladas similares) son a mellor carta de presentación posiblie
7/9/06 23:15
É verdade que é o mesmo o galego que o castelán, pero un director/a non pode inpoñer os pais o idioma que desexa que escolaricen os seus fillos, a Conselleira pon "con permiso dos pais".
No colexio Bergantiños piden permiso os pais para escolarizar os nenos en galego o castelán?
Os coordinadores de Carballo dixital podedes preguntalo?
Eso é o que pide esa nai o pai.
11/9/06 18:48
Publicar un comentario
<< Home