48 horas máis
Segunda parte da exitosa “Límite 48 horas”, e con idénticos protagonistas. Segundo informan os medios locais, o próximo venres ás 10 da mañá celebrase a mesa para a apertura da novamente única oferta presentada ó concurso do parking-centro comercial da praza do Concello. O único que sabemos polo de agora é que a oferta obedece á unión de dúas empresas: unha grande constructora con sede en Madrid (Aldesa Construcciones) e unha pequena empresa con sede na Coruña (Inversiones Bernal, S.L.).
Tamén sabemos que a comparación entre o tamaño das dúas empresas é totalmente desproporcionada, porque se atendemos á facturación, a relación é de 1300 a 1. E ademais hoxe o PP de Carballo asegura que detrás de Inversiones Bernal están as mesmas persoas que detrás de Surtiser. Xa diciamos que non era de extrañar un “surtiserazo” de última hora, pero de tódolos xeitos agardaremos acontecementos para corroborar o que din os populares, que polo de agora non aportaron probas desas afirmacións.
Así pois, 48 horas máis para averiguar cal é o contido real da oferta, se se axusta ós requerimentos, cómo se explica esta extraña parella empresarial, e cómo é o proxecto concreto que pretende transformar a praza da nosa vila.
1 Comments:
Resulta cando menos estrano que unha empresa tan seria como ALDESA se presente da man cunha compañía como Inversiones Bernal, á que non precisa para nada para concursar ante unha Administración, e menos ante un Concello pequeno como Carballo.
Unha explicación posible sería que buscase "padriño" que lle asegurase a concesión da obra "por ser vos quien sois", pero unha entidade como ALDESA nunca precisou de padriños para conseguir obras, e sería tamén moi curioso que Carballo fose unha excepción.
Por outra banda, resulta aínda máis chocante que unha empresa deste tamaño (ALDESA, por suposto), se presente agora, a última hora do segundo intento de licitación, cando non se ten noticias de que amosase o menor interese no primeiro proceso (chamaríaa alguén agora??).
En todo caso, o volume da obra (9 millóns de euros) non xustifica o interese desta empresa a efectos de sumar experiencia para futuros contratos coa Administración Pública, porque recordemos que ALDESA está a facer varios tramos do tren de Alta Velocidade Europea nestes momentos que multiplican esta cifra de xeito escandaloso.
Resumen: "me lo expliquen, por favor", porque eu non o entendo.
14/9/06 09:27
Publicar un comentario
<< Home