Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

domingo, septiembre 17, 2006

PopXiriaPop 2006


A cervexería Dublín acollerá os próximo días 22 e 23 de setembro (venres e sábado) unha nova edición dos concertos que organiza a A.D. Xiria e que nesta novena edición conta con 8 grupos. Xabier Graña, responsable da organización (e que ten colaborado nalgunha ocasión con Carballo Dixital) considera que se trata da medida ideal e que este ano hai un salto na calidade do festival ó incorporar a dous “mitos” na serie B do rock & roll: Chris Wilson & The Groovin Flames (día 22) e Roy Loney & The Longshots (día 23).

Agárdanse uns 300 espectadores para un local que ten capacidade para 400. Os grupos parcipantes son: Burgas Beat, Annie Hall e Meu (día 22) e The Charades, Los Chicos e Big City (día 23). As entradas adquírense na taquilla por 9 euros, e o bono para todo o festival costa 15 euros. Noraboa á organización e longa vida ó rock & roll.

(Tedes máis información aquí).

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Eu coma deportista de un club peor tratado polo concello que xiria pregúntome porque o ayuntamiento da subvencion para esta actividad e eles cobran as entradas asi financian o rollo e non gastan nada. A outros as festas - churrascos e demais actividades que facemos para sacar alguns cartos, temolas que pagar e de despois se nos queda algo para outras cousas pois ben, pero en este caso hay moito enchufismo.

24/9/06 00:24

 
Anonymous Anónimo said...

Di que si. A gastronomía atamén é cultura. ¡Qué che subvencionen as churrascadas! ¿Xogas ou enriqueces?

27/9/06 16:00

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner