Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, septiembre 21, 2006

¿Verquido no Anllóns?


Por unha nota de prensa que nos envía o PP de Carballo, enterámonos que houbo un verquido tóxico no río Anllóns. Os populares aseguran que varios veciños lles confirmaron que "apareceron peixes mortos nesa zona do río".

Malia que o PP menciona como lugar do verquido "o curso baixo do río Anllóns" (o que alude á zona da desembocadura), o PP critica a ocultación de información, así como que "os representantes do tripartito parece ser que non se deron por enterados", instando ó goberno municipal a "que explique por qué non informou sobre o verquido", o que nos leva a pensar que a contaminación tivo lugar no término municipal de Carballo (de non ser así, non tería sentido esa petición ó goberno municipal).

Na nota non se especifica a clase de verquido, nin a súa magnitude, nin a data e lugar exacto en que ocorreu. ¿Algún lector deste blog pode ampliar a información?

22-9-06: Actualización: Hoxe sae o concelleiro Lamas en La Voz de Galicia decindo que "efectivamente, aparecieron peces muertos en la zona de A Cepeira, pero, según dijo, eran jureles que alguien arrojó al río y que los técnicos retiraron. Aseguró además que hasta ayer no se había producido vertido alguno al Anllóns."



7 Comments:

Anonymous Anónimo said...

solo puedo deciros que fue la semana pasada y si quereis sber algo mas que le pregunteis a Luis Lamas y al alcalde que ellos están enterados

21/9/06 13:34

 
Anonymous Anónimo said...

ahí, ahí, tirando a pedra e escondendo a man, je, je.
se sabes que o saben, ti tamén sabes o que saben ????

21/9/06 17:10

 
Anonymous Anónimo said...

Ben, supoño que será unha broma do tal Lamas. Un partido serio e riguroso como o PP non vai a denunciar algo así, e mesmo alarmar á poboación, por un verquido de xurelos que pudo facer algún comerciante. Imaxino que a denuncia será por algo máis serio e contrastado. Os carballeses non nos mereceremos este esperpento.

23/9/06 12:40

 
Anonymous Anónimo said...

jajajaja

unha caixa de xurelos, acaso os do PP non distinguides as tritas dos xurelos,

jajajajaja

23/9/06 13:48

 
Anonymous Anónimo said...

Lo fácil es decir que era jurelos, o sardinas, merluzas o pescadillas sería más inverosímil (dado su precio). También está en la mano del gobierno, en este caso del Sr. Luis Lamas, contarnos que era el desove de la sardina del Haley.Cualquier milonga se puede soltar a un pueblo tan ingenuo y entregado como Carballo.
Tirar cerdos a un río es la hostia, pero aun así era una práctica bastante común. Ahora bien, cajas de sardinas en esta época y con tantos contenedores cerca ...¿han probado a preguntar en Conservas Calvo si se les habrán escapado unos atunes juguetones del congelador?
¿no serán ovejas del Tarambollo y los tontos del PP las confundieron con peces? Ay, ay ,ay, estos del PP siempre tan desconfiados.

23/9/06 19:40

 
Anonymous Anónimo said...

ostia, esto e verdade?

de verdade confundiron xurelos con sardiñas :-))))

os do PP a verdad é que estades perdendo os papeles.

Por certo, un saúdo para Luis Lamas desde A Coruña, é a mellor persoa que me atopei na miña vida, e por eso estou seguro de que non conta milongas

25/9/06 20:35

 
Anonymous Anónimo said...

Anda, Luis, déjate de decir a tus amigos que escriban en Carballo Dixital, y ponte a trabajar que hay muchos bailes que organizar para los mayores de aquí a las elecciones. :-))))))

P.D: el PP habló de truchas. Ni sardinas ni xurelos tienen por costumbre habitar en los ríos, y nadie tiene tampoco por costumbre irse hasta un río a tirarlos, con lo caros que van. ¡Cómo se nota que no sois de puerto de mar, carallo! (¿No es mejor tomar las cosas con sentido del humor?)
:-))))))

26/9/06 10:06

 

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner