Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, septiembre 18, 2006

Casting

Trátase xa dun evento felizmente consolidado. Como cada ano o Centro Comercial de Carballo realiza un desfile de moda con modelos afeccionados locais para mostrar as coleccións dos comercios carballeses adscritos a esta asociación.

O interese está tanto en coñecer as tendencias desta tempada e as prendas que poderemos mercar na nosa vila coma en apreciar cómo se desenvolven na pasarela os nosos veciños e veciñas que superen o casting que con ese obxecto se celebra.

O prazo para inscribirse remata o día 21, e o casting propiamente dito celebrarase o día 22. Para todos aqueles interesados, podedes dirixirvos ás oficinas do Centro Comercial Aberto na rúa Fomento, e tedes máis información en www.ccacarballo.com.

0 Comments:

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner