¡Extra! ¡Extra! ¡Festivos locais para o ano 2007!
¿A que non adiviñan vostedes cal foi a noticia máis destacada do pleno municipal celebrado antonte en Carballo? Pois si (cómo non!) foi … a aprobación dos festivos locais para o ano 2007. Esto é o que se deduce da información que publicaba onte o Concello de Carballo na súa páxina web, no seu afán por manter perfectamente informada á poboación.
En cambio, se un le o Diario de Bergantiños, decátase de que algo non cadra. Este xornal non destaca tan importantísima noticia. O que si menciona (máis ben, dedícalle case unha páxina enteira), son as ilegalidades do goberno que a oposición denunciou no Pleno, a pesar do cal o tripartito tirou para adiante, pasando por alto os informes do Secretario do Concello. Qué pouca profesionalidade a destes xornalistas do Diario, ¿non si?
2 Comments:
A páxina web de Carballo é de xuzgado de guardia.
27/9/06 18:35
Supoño que o periodista contratado para poñer a páxina web ó día terá unha bolsa de estudos e non o estaréi pagando cos meus impostos ¿non?
28/9/06 12:44
Publicar un comentario
<< Home