Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

domingo, octubre 01, 2006

Novas normas de tráfico (aplíquense só en Carballo)


O noso vello amigo Lobo envíanos esta colaboración:


Información de novas normas de tráfico sacadas do bolsillo

O outro dia deixei estacionado pola tarde o meu vehículo na avenida de Bértoa, xusto diante do concesionario da Opel.

Cando o fun a recoller, unhas horas mais tarde, atópome unha nota no parabrisas, supostamente posta polo xerente da Opel, en un tono ameazante, na que se podía ler:

"DIANTE DE ESTE ESTABLECEMENTO SÓ SE PODE ESTACIONAR DÚAS HORAS, A PRÓXIMA VEZ CHAMAREMOS Á POLICÍA LOCAL PARA QUE CHE RETIRE O COCHE"

Despois de ler a nota, miro nas esquinas do dito concesionario, e vexo unha señal a cada lado do mesmo, prohibindo estacionar máis de duas horas (só lle faltaba poñer “excepto que queiras mercar un Opel, que daquela podes tar o tempo que che saia do CARALLO”).

A verdade é que quedei alucinado, puxéronlle diante dun establecemento unha sinal para que sólo aparquen os clientes do mesmo! Vaia pobo que temos, vaia mandatarios, por non falar do xefe policial que consinte todo iso.

Qué poderoso e don diñeiro, onde está a ordenanza que regula dita señal?, de onde sacan eles tal norma? e a qué se debe a mesma?

Sr. Andrade: vale que poña diante do seu domicilio estacionamentos, os cales incumplen as normas (onde se viu que para aparcar se poida pisar unha isleta?, é de coña, anular un carril de circulacion de incorporacion para poder estacionar diante da súa casiña).

Un saúdo de Lobo.

Enlaces relacionados:

Nova rotonda, novas normas de tráfico, únicas no mundo enteiro

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Delante de mi puerta que aparquen tambien dos horas como máximo ¡manda nabo!

2/10/06 10:55

 
Anonymous Anónimo said...

Qué fuerte...... Sin palabras me quedao..... Caciquismo de mierda...

3/10/06 13:43

 
Anonymous Anónimo said...

Eu sei dunha farmacia que ten unha zona de carga e descarga "privada" duns 20 metros mesmo diante da porta, e non hai máis negocios que poidan facer uso dela.
¿Qué farmacia será?
¿quén permite estas cousas?

4/10/06 07:41

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner