Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, octubre 04, 2006

Calvo busca dono


Atención á noticia de portada de La Voz de Galicia (edición electrónica) de hoxe: Conservas Calvo busca dende hai xa dous meses novo propietario, e xa encargou o mandato de venta a unha firma de inversións chamada Nmás 1. Cando menos, así o anunciaba onte a edición electrónica do diario económico Expansión.

Segundo este xornal, os irmáns Calvo Pumpido, que acumulan o 77% do capital da empresa, estarían buscando comprador para a súa participación. Parece ser que a nova correu rapidamente entre os traballadores, e que esta mesma mañá hai unha reunión para tratar o asunto.

Como antecedente do futuro de Calvo, temos que lembrar que hai uns meses tamén se suscitou un conflicto motivado por unha posible deslocalización, e que daquela se celebrara unha manifestación só secundada por CCOO, e que fora criticada por outros sindicatos e medios de comunicación.

Polo de agora máis non sabemos, e tampouco a empresa emitiu comunicado algún, que nós saibamos, de modo que nos manteremos expectantes a posibles novidades.



3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Que sepais que Expansión tiene edición digital y es de ahí donde deberíais mirar la noticia. Además, La noticia de La Voz tiene varias inexactitudes de cosecha propia.

Fuera del comentario os diré que hoy hay novedades en la prensa local sobre el parking, ¿no os interesa o es que sólo leeis un medio? El viernes se reúne la mesa. Luego os quejais del oscurantismo sobre el tema.

4/10/06 17:20

 
Blogger Carballo Dixital said...

1. "Que sepais que Expansión tiene edición digital": Sí, ya lo sabemos. Por eso pusimos el enlace (tienes que pinchar "segundo este xornal", y accedes a la edición digital de Expansión).

2. "El viernes se reúne la mesa". También lo sabemos, pero no sólo de parking vive el hombre.... (Bueno, alguno parece que vive sólo para sacarlo adelante como sea).

4/10/06 17:50

 
Anonymous Anónimo said...

Hai outra novedade mellor. Según me dixeron, creo que a finais deste mes hai pleno.

4/10/06 19:08

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner