Pasarela Carballo
Ó igual que a nivel nacional existen os desfiles de Cibeles en Madrid e Gaudí en Barcelona, en Carballo tamén temos dúas pasarelas diferentes. Se hai uns días anunciabamos o casting para o desfile de moda do Centro Comercial Aberto (www.ccacarballo.com), agora temos que anunciar o desfile que organiza o Centro Comercial Bergantiños-Haley.
O evento foi xa presentado en datas precedentes, coa presenza dos organizadores e algúns dos/as modelos que desfilarán, que se atopan entre os máis destacados a nivel galego. Na mostra poderanse apreciar as creacións á venta entre os comerciantes que teñen o seu local no centro comercial, e terá lugar o próximo sábado día 7 ás 19 horas.
Pois noraboa á iniciativa, tanto do CCA como do Haley, e oxalá que este tipo de mostras se consoliden e sirvan para axudar ó comercio de Carballo.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home