Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, octubre 04, 2006

Venta de Conservas Calvo: Máis datos



Segundo o diario Expansión, a firma de inversións Nmás 1 é a encargada de encontrar un posible comprador para a participación da familia Calvo (77,8%) na conserveira. Segundo o diario, neste mesmo mes espéranse as ofertas dos fondos de inversión interesados, e a adxudicación será mediante subasta.

Nmás 1 conta con 13 socios e tén como socio institucional, co 20% do capital, a AIG (American Internacional Group), a través de AIG Private Bank, banco privado especializado en xestión de activos e asesoramiento de inversións a clientes privados e institucionais, con oficinas en Zurich, Ginebra, Lugano, Hong Kong, Singapur e Sao Paulo.

Entre as áreas de negocio ás que se dedica Nmás 1 están o asesoramento patrimonial, de negocios e inversións a empresarios familiares. Segundo os datos publicados pola compañía, conta con 435 millóns de euros en activos asesorados deste tipo.


Enlaces relacionados:

Calvo busca dono

Primeiras reaccións ante a posible venta de Calvo: "Hay que acostumbrarse"

0 Comments:

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner