Primeiras reaccións ante a posible venta de Calvo: "Hay que acostumbrarse"
O asunto da posible venta de Conservas Calvo trae cola. O Presidente da Xunta xa se pronunciou. Nunha mostra de cristiana resignación, Touriño di, entre outras cousas, que "hay que acostumbrarse a este tipo de situacións", xa que "as empresas buscan mellores métodos de financiación, máis estabilidade e seguridade".
Pola súa parte, o PP de Galicia acaba de facer pública unha nota na que critica as "preocupantes e delirantes" declaracións de Emilio Pérez Touriño, "quen está a denotar unha preocupante torpeza política ao non ser capaz nin de reter o que Galicia xa tiña –“buscan mellores métodos de financiaciacion, máis estabilidade e seguridade”- nin de ofrecer esperanzas nin para os que ainda están nin para os que puideran vir –“hai que acostumarse”-."
Os populares tamén resaltan a "irrelevancia de Touriño e o seu Goberno,que unha vez máis se decatan pola prensa do que sucede no país que gobernan e que é incapaz de ofrecer unhas condicións financieiras que proporcionen estabilidade e seguridade".
Finalmente, o PPdeG "négase a acostumarse a que Galicia perda relevancia económica e, vista a incapacidade da Xunta de Galicia para acadar solucións, presta toda a súa colaboración ao Goberno se este a require."
Enlaces relacionados:
Calvo busca dono
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home